Nais Contra a Impunidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Nais contra a impunidade,''' tamén denominada '''Nais contra a impunidade in memoriam Xose Tarrío & Diego Viña,''' é unha asociación engalega defensaque dosdefende os dereitos das persoas presas creada en marzo de 2012.
 
== Obxectivos ==
 
Os seus obxectivos son a denuncia e loita contra a [[violencia institucional]]: o trato inhumano e degradante nos cárceres, así como contra toda forma de exclusión social (mulleres, inmigrantes, persoas portadoras de [[Virus da inmunodeficiencia humana|VIH]]…). A asociación ofrece apoio xurídico, formación, axuda persoal directa e organización de actos públicos de solidariedade.<ref>{{Cita web|título=Xornal de Galicia para el Mundo - O Diario dun preso FIES de Xosé Tarrío publicado en galego|url=https://xornaldegalicia.es/especiales/gente/6546-o-diario-dun-preso-fies-de-xose-tarrio-publicado-en-galego.html|páxina-web=xornaldegalicia.es|data-acceso=2019-05-13}}</ref><blockquote>Porque as persoas presas, as excluídas, as enfermas, permanecen afastadas deste mundo material, porque o cárcere é un reflexo desta hipócrita sociedade, porque vivir en liberdade é hoxe mais que nunca un privilexio das clases adiñeiradas. Porque ser pobre, muller, inmigrante, xitano, toxicómano, supón para algunhas persoas un tráxico final entre rexas, nun calexón escuro, nunha cama de hospital. Porque estamos fartas de que isto siga así. Porque as familias e seres queridos non consentimos esta barbarie.<ref>{{Cita web|título=Ateneo Libertario Xosé Tarrío: Nais contra a impunidade|url=https://ateneolibxosetarrio.blogspot.com/p/quensomos-aasociacion-nais-contra.html|páxina-web=Ateneo Libertario Xosé Tarrío|data-acceso=2019-05-13}}</ref></blockquote>
 
== Traxectoria ==
 
=== Creación ===
Foi impulsada, entre outras, por [[Pastora Dominga González Viéitez|Pastora González]], nai de [[Xosé Tarrío]], e o avogado e activista [[Fran del Buey]]. <blockquote>Decidimos facer Nais Contra a Impunidade despois de comprobar que cada vez hai máis fillos mortos a mans de carceleiros, policía, nos centros de detención. As familias e as nais temos que dar unha resposta porque son fillos os que están mortos, non son paquetes.<ref name=":0">{{Cita web|título=“Fixemos Nais Contra a Impunidade ao ver que cada vez hai máis fillos mortos a mans de carceleiros”|url=http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/20656-fixemos-nais-impunidade-ver-vez-hai-fillos-mortos-mans-carceleiros|páxina-web=Galicia Confidencial|data-acceso=2019-05-18}}</ref></blockquote>A asociación recolle o legado doutras organizacións que viñan traballando contra os abusos nos cárceres e a prol da súa abolición, os traballos inhumanos e degradantes, a exclusión social e calquera forma de privación de liberdade ([[PreSOS Galicia]], [[Comités AntiSida]], etc.). Entre as súas integrantes están: Carmen Castro, nai de Diego Viña; Lola Riveiro, nai da presa anarquista Noelia Cotelo, condenada por furto e confinada en réxime [[FIES]] por denunciar os abusos, agresións e agresiónsviolacións sufridos no cárcere; Elvira Nieto, nai de de Cristina Albertina; Julia, nai do preso anarquista Gabriel Pombo da Silva, coñecido como "Musta".
 
Fran del Buey explica que a elección do nome da asociación partiu da "nai" como icona do concepto de familia e acollida, e subliña que "nai somos todos nós”,<ref name=":1">{{Cita web|título=As Nais contra a impunidade apreséntanse en Compostela|url=https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/as-nais-contra-a-impunidade-apresentanse-en-compostela/20130606130327015810.html|páxina-web=Sermos Galiza|data-acceso=2019-05-18|lingua=gl|nome=Maria|apelidos=Abelleira}}</ref> por iso o seu obxectivo principal é o apoio ás familias. A imaxe da asociación é unha versión da figura da nai con fillo morto do [[Guernica (cadro)|Guernica]] de [[Pablo Picasso|Picasso]].
 
Pastora González e Julia da Silva sinalan nas súas intervencións que hai unha relación directa entre cárcere, violencia penitenciaria, pobreza e emigración. O seu testemuño como nais ede presos, a denuncia do réxime carcelario e mais do FIES, recóllese demoradamente nunca entrevista realizada durante a marcha ao cárcere alemán Aachen 4, onde estaba confinado Gabriel Pombo,. queA seentrevista publicoupublicouse no zine ''Prision Was Created for the Poor. Mothers & Sons. From FIES to Aachen'', editado por Leeds ABC, con limiar do coñecido preso anarquista británico [[Mark Barnsley]].
 
=== Accións ===
Xunto coa [[Fundación Sen Esquencer]], promoven o ''Proxecto Habeas Corpus'', un tallerobradoiro de acción directa contra as desigualdades e a violencia institucional, que se artella en tres liñas: taller de autodefensa, con asesoramento xurídico sobre asuntos penais, sociais, administrativos e de xénero e información sobre dereitos; universidade popular, para o intercambio horizontal de coñecementos e un tratamento transversal da cultura; e publicación de libros.<ref>{{Cita web|título=Ateneo Libertario Xosé Tarrío: Proxecto "Habeas Corpus"|url=https://ateneolibxosetarrio.blogspot.com/p/ller-de-autodefensa-xuridica-e-social.html|páxina-web=Ateneo Libertario Xosé Tarrío|data-acceso=2019-05-13}}</ref> O ''Proxecto Habeas Corpus'' colabora noco ''Voizes Arquive'', un proxecto internacional que documenta a experiencia en prisión por medio do testemuño de persoas presas promovido, entre outras, polo fotógrafo e activista [[Xosé Quiroga García-Boente]].
 
Realizan accións informativas, reunións anuais de recordo e afecto, talleres, charlas informativas e accións de denuncia,<ref name=":1" /> que se vertebran en tres eixos.<blockquote>O fundamental é o apoio á familia, ofrecerlles un abrazo, un ombreiro onde chorar. Unha segunda parte do traballo é dar seguimento aos seus problemas mediante un servizo de asesoramento xurídico gratuíto. Acompañarlles ás administracións, explicar os casos e a situación desde unha perspectiva de autodefensa. Ensínase ás familias a entender. O terceiro alicerce é a protesta, activar os mecanismos que teñamos, como unha concentración, unha manifestación ou un acto público, para difundir os casos de impunidade. Son tres partes, pois: abrazar, entender e denunciar.<ref>{{Cita web|título=Fixemos Nais Contra a Impunidade ao ver que cada vez hai máis fillos mortos a mans de carceleiros|url=http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/20656-fixemos-nais-impunidade-ver-vez-hai-fillos-mortos-mans-carceleiros|páxina-web=Galicia Confidencial|data-acceso=2019-05-18|apelidos=Guàrdia i Serentill|nome=Meritxell|data-publicación=11/09/2014}}</ref></blockquote>