Aleksandr Kerenskii: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 8:
O pai de Kerenskii foi o director de [[Lenin|Vladimir Ulianov]] (Lenin) na escola secundaria para nenos de Simbirsk, e varios membros da familia de Kerenskii e Ulianov eran amigos. En [[1889]], cando Kerenskii tiña oito anos, a súa familia mudouse a Tashkent, onde os seu pai fora designado como inspector principal dos colexios públicos. Kerenskii graduouse con honores na escola secundaria de Tashkent en [[1899]]. O mesmo ano ingresou na [[Universidade de St. Petersburgo]], onde estudou historia e filoloxía no primeiro ano. Ó ano seguinte cambiou para o departamento de Leis e recibiu o graduado en [[1904]]. Traballou como conselleiro legal das vítimas da violencia do goberno en [[1905]]. A finais de decembro de 1905, foi encarcerado so sospeita de que pertencía a un grupo militante. Gañou reputación polo seu traballo como avogado defensor nos xuízos contra revolucionarios.
 
Foi elixido para a [[Duma|Cuarta Duma]] en [[1912]] como membro dos Trudoviks, un [[Partido Laborista (Rusia)|partido laborista moderado]] que estaba asociado ó [[Partido Social-Revolucionario]]. Foi un brillante orador chegando a ser o líder da oposición contra o réxime do tsar [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]]
 
== Revolución de Outubro de 1917 ==