Sabadelle, Sabadelle, O Pereiro de Aguiar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 59:
O cruceiro de Sabadelle está composto por baste, [[fuste]], [[capitel]] e [[Cruz monumental|cruz]], ademais de contar con pequenas esculturas e ornamentacións. Estas son máis simbólicas que decorativas, e as esculturas ou relevos son sobre temas relixiosos. Está unicado nunha encrucillada, un lugar polo que adoitan pasar os cadaleitos. É un elemento post-románico ben conservado que xurdiu polo afán de imitar ás cruces procesionais.
 
A igrexa de San Martiño de Sabadelle é de planta románica. Consta dunha nave e dun amplo [[Presbiterio|plesbiterio]]. Durante o ano 1847 cambióuselle a fachada de leste a oeste. A súa actual porta principal é de dupledoble [[arquivolta]] sobre semiculumnas acaroadas. A súa portada está apoiada sobre columnas en [[Xamba|xambas]]. Ten tamén un [[Tímpano (arquitectura)|tímpano]] liso con dous corpos; o primeiro con dous arcos para as dúas campás e a segunda cun só, do que xorde unha estrutura con forma piramidal e unha cruz. No seu interior atopamos un sepulcro do século XVI e elementos de influencia [[mudéxar]] <ref>{{Cita web|título=Igrexa de San Martín de Sabadelle|url=http://www.concellopereiro.com/item/igrexa-de-san-martin-de-sabadelle/|data-acceso=2019-05-17|lingua=gl-ES}}</ref>.
 
O pazo A Fronteira erixiuse nos séulos XVI e XVII. Consta dunha construción popular e ten un gran muro de pedra que bordea todo o pazo. É un edificio a catro augas do que se elevan dous faiados da parte central. Xunto ó edificio hai unha torre con dous andares, con tellados a catro augas e con ventás [[Lintel|alinteladas]]. Tamén atopamos un [[Hórreo galego|hórreo]] e un gran pombal aínda conservados a día de hoxe en bo estado.