Hilma af Klint: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Máis de en.wiki
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 18:
== Obra artística ==
[[Ficheiro:Hilma af Klint Svanen.jpg|miniatura|esquerda|200px|''Svanen'' ("O Cisne"), No. 17, Grupo IX, Serie SUW, outubro de 1914 - marzo de 1915]]
Foi unha innovadora radical dun tipo de arte que daba as costas á realidade visible. Dende 1906 desenvolveu unha linguaxe [[arte abstracta|abstracta]]. A obra de Hilma af Klint non é unha abstracción real da cor e a forma en si mesmos, senón que trata de modelar o invisible. Isto suecedeu anos antes de que aparecese a obra de [[Wassily Kandinsky]], [[Piet Mondrian]] e [[Kazimir Malevich]], que aínda son tratados como os precursores da arte abstracta a principios do século XX.<ref name=":0">[http://cultura.elpais.com/cultura/2013/03/03/actualidad/1362327525_302300.html La mujer que inventó la abstracción.] ''[[El País]]''. Consultado o 18 de abril de 2014 {{es}}</ref>
 
Hilma af Klint realizou máis de 1000 traballos, entre pinturas e obra en papel. En vida, expuxo a súa obra temperá e figurativa, mais nunca a abstracta. No seu testamento redactou que a súa obra abstracta non se expuxese en público ata vinte anos despois da súa morte, dado que estaba convencida que ata entón non se podería valorar e comprender a súa obra na súa xusta medida. Os seus desexos cumpríronse e non foi ata 1986 cando se descubriu a súa obra.
 
Tras abandonar a linguaxe figurativa naturalista, Hilma af Klint parte da base que existe unha dimensión espiritual na existencia e quere facer visible o contexto que existe alén do que o ollo pode ver. Ao igual que outros dos seus contemporáneos, ela está moi influída polas correntes espirituais da época, particularmente o espiritismo, a [[teosofía]] e a antroposofía. Na súa obra abstracta, en que destaca a pintura de gran formato, encóntranse elementos recorrentes, como círculos concéntricos, óvalos e espirais. As temáticas que abordaba eran aspectos metafísicos, como a dualidade (materia e espírituespírito, o feminino e o masculino) a totalidade do cosmos, a orixe do mundo etc.<ref name=":0" /><ref name=":1" />
 
== Notas ==