Etiopía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Demografía: engado imaxe
Etiqueta: edición de código 2017
m →‎Economía: engado imaxes
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 188:
== Economía ==
{{Artigo principal|Economía de Etiopía}}
[[Ficheiro:Ethiopian Commercial Bank Addis Abeba.jpg|miniatura|250px|Sede do Banco Comercial de Etiopía en [[Adís Abeba|Addis Abeba]].]]
Etiopía é a economía número 70 mundial por volume de PIB. A súa [[débeda pública]] en [[2016]] foi de 35.910 millóns de [[euro]]s, o 56,06% do PIB<ref name="expansión">{{cita web |url=https://datosmacro.expansion.com/paises/etiopia |título=Etiopía: Economía y demografía |editor=Expansión |dataacceso=16 de maio de 2019 |lingua=es}}</ref>. Con anterioridade a [[2016]], o [[Produto interior bruto|Produto Interior Bruto]] estivo crecendo durante máis dunha década a razón de entre o 8% e o 11%, un dos máis altos crecementos mundiais. Este crecemento foi debido a un progreso sostido da [[agricultura]] e do [[Sector terciario|sector servizos]], pero principalmente aos [[investimento]]s do goberno en [[infraestrutura]]s. Proxectos de infraestruturas en curso inclúen a produción e distribución de [[enerxía]], [[estrada]]s, [[Ferrocarril|ferrovía]]s, [[aeroporto]]s e [[Polígono industrial|parques industriais]]<ref name="theodora">{{cita web |título=Ethiopia Economy 2019 |url=https://www.theodora.com/wfbcurrent/ethiopia/ethiopia_economy.html |editor=theodora.com |dataacceso=16 de maio de 2019 |lingua=en}}</ref>. O peso do estado na economía é moi forte, non só polo investimento en infraestruturas senón tamén porque é propietario de gran parte de sectores económicos clave coma as [[telecomunicacións]], a [[Banco|banca]], os seguros e a distribución de enerxía<ref name="theodora"/>. Ademais, segundo a constitución etíope, o estado é propietario de toda a terra e ofrece arrendamentos a longo prazo, ata 99 anos. Os arrendamentos varían segundo a localización, o tipo de investimento, o tipo de terra e os incentivos dispoñibles<ref name="goberno">{{cita web |url=http://www.ethiopia.gov.et/economy |título=About Ethiopia/Economy |editor=Goberno de Etiopía |dataacceso=16 de maio de 2019 |lingua=en}}</ref>. Debido que estes arrendamentos non están moi regulados, as concesións dos dereitos de uso están afectadas pola [[Corrupción política|corrupción]], especialmente en Addis Abeba<ref name="theodora"/>. Para tratar de liberalizar a economía, o goberno etíope, en colaboración co [[Banco Mundial]] e o [[Fondo Monetario Internacional]], está a desenvolver un plan de reformas económicas que, entre outras medidas, inclúe un programa de privatización, iniciado en [[1995]], que permitiu a desnacionalización dun gran número de empresas estatais<ref name="goberno"/>.
 
Liña 195 ⟶ 196:
 
Os ingresos que proveñen das [[exportación]]s están liderados polo sector servizos grazas ás exportacións de diferentes mercadorías, pero fundamentalmente pola compañía aérea estatal [[Ethiopian Airlines]]. Porén o [[café]], orixinario de Etiopía, permanece como a maior fonte de ganancias. Nos últimos tempos, Etiopía diversificou as súas exportacións. Mercadorías coma o [[ouro]], [[sésamo]], [[qat]], [[gando]] e produtos de [[horticultura]] están ganando unha importancia crecente nas exportacións. As manufacturas representaron menos do 8% do total das exportacións en [[2016]], pero o seu peso nas exportacións debería incrementarse nos vindeiros anos debido á súa crecente presenza nos mercados internacionais<ref name="theodora"/><ref name="goberno"/>.
[[Ficheiro:Renaissance Dam site.jpg|miniatura|250px|Proxecto do [[encoro do Renacemento]].]]
 
A pesar de que importantes negocios e industrias como a banca, os seguros, as telecomunicacións e os microcréditos, están restrinxidas a investidores nacionais, Etiopía atraeu 8.500 millóns de [[Dólar estadounidense|dólar]]es en investimentos estranxeiros directos ([[Investimento estranxeiro directo|IED]]), procedentes principalmente de [[China]], [[Turquía]], [[India]] e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e destinados primariamente a infraestruturas, [[construción]], agricultura e horticultura, procesado de produtos agrícolas, [[téxtil]]es, [[coiro]] e produtos de coiro. En [[2017]] o goberno depreciou a moeda nacional, o [[birr]], nun 15% para favorecer as exportacións e aliviar a escaseza crónica de [[divisa]]s estranxeiras<ref name="theodora"/>.