Metallica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (3)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
| nome = Metallica
| xp = heavy
| imaxe = [[Ficheiro:Metallica wordmark.svg|150px]][[Ficheiro:Metallica live London 2003-12-19.jpg|250px]]
| lenda = Concerto de Metallica en Londres, en 2003.
| orixe = [[Os Ánxeles]] ([[California]])
Liña 16:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Metallica wordmark.svg|150px|miniatura|Logo de Metallica.]]
=== Comezos ===
Poderíase considerar que a historia de Metallica comeza cando en [[1980]] un mozo danés chamado [[Lars Ulrich]] se traslada xunto á súa familia ós [[Os Ánxeles|Ánxeles]]. Fillo do tenista profesional [[Torben Ulrich]], Lars desenvolvera unha enorme afección polo [[Heavy Metal]] durante os '70 cando o NWOBHM ([[New Wave Of British Heavy Metal]]) reinaba na escena underground de [[Europa]], e co seu traslado a [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], en principio previsto polo seu pai co obxectivo da preparación dunha carreira dentro do tenis profesional, dita afección converteríase practicamente nunha obsesión, sobre todo centrada nos grupos máis underground da nova corrente inglesa. A súa prioridade ó chegar ós Ánxeles, lonxe de se centrar no tenis, sería a de montar un grupo no que el exercería as funcións de batería. Dita ambición levaríao en [[1981]] a publicar un anuncio na revista ''Recycler'' pedindo un guitarrista para formar un grupo con influencias de [[NWOBHM]], centrándose concretamente nas súas bandas preferidas: [[Diamond Head]], [[Motörhead]] e [[Iron Maiden]]. Outro mozo respondeu ó seu anuncio, era [[James Hetfield]]. Os primeiro ensaios conxuntos tiveron lugar, e aínda que ó principio a James non lle convencía a forma de tocar de Lars, remataron formando un grupo. A clave desta unión foi o tema que Lars reservara por parte do seu amigo Brian Slagel, fundador da por entón recentemente creada Metal Blade Records, no primeiro compilatorio que editaría o selo, denominado ''Metal Massacre''. O nome do grupo foi roubado por Lars <ref>Rampage Radio DJ Profiles: Ron Quintana - http://www.rampageradio.com/DJProfiles.html</ref> ó seu amigo Ron Quintana, quen barallaba "Metalmania" e Metallica como posibles nomes para un novo fanzine musical, aínda que se inclinaba máis polo segundo. A Lars gustoulle tanto que rapidamente lle recomendou enerxicamente o primeiro.