Río Missouri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
discurrir > discorrer
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 305:
[[Ficheiro:Fort Peck Dam (Fort Peck Montana) 1986 01.jpg|miniatura|[[Fort Peck Dam]], a presa a máis altitude no Missouri River Mainstem System]]
 
Os danos da inundación no sistema do río Mississippi-Missouri foron unha das razóns principais pola cal o [[Congreso dos Estados Unidos]] aprobou a Lei de control de inundacións de 1944 (''Flood Control Act of 1944''), abrindo o camiño para que o Corpo de Enxeñeiros desenvolvese o Missouri nunha escala masiva.<ref>{{Cita web |url=http://www.fws.gov/laws/lawsdigest/flood.html |title=Flood Control Act of 1944 |publisher=U.S. Fish and Wildlife Service |work=Digest of Federal Resource Laws of Interest to the U.S. Fish and Wildlife Service |accessdate=5 de outubro de 2010}}</ref><ref>{{Cita web |url=http://www.msaconline.com /Missouri%20River%20Basin%20Project%20-%20The%20System.htm |title=Missouri River Basin Project: The System |publisher=Missouri Sediment Action Coalition |year=2011 |accessdate=10 de marzo de 2012|urlarquivo=http://web.archive.org/web/20130120022019/http://www.msaconline.com/Missouri%20River%20Basin%20Project%20-%20The%20System.htm|dataarquivo=17 de maio de 2019}}</ref> Esa lei de 1944 autorizou o «Programa Pick-Sloan para a Conca do Missouri» (''Pick-Sloan Missouri Basin Program'', ou ''Pick-Sloan Plan''), que era unha combinación de dúas propostas moi diferentes: o plan Pick, con énfase no control de inundacións e a enerxía hidroeléctrica, propoñía a construción de grandes presas de almacenamento ao longo do curso principal do Missouri; e o plan Sloan, que facía fincapé no desenvolvemento da irrigación local e incluía disposicións para aproximadamente 85 presas máis pequenas nos afluentes do río.<ref name="Pick-Sloan"/><ref name="Otstot">{{Cita web |author=Otstot, Roger S. |url=http://mo-rast.org/wp-content/uploads/2011/09/2011.09.27-Continued-Pick-Sloan-Presentation-Roger-Otstot.pdf |title=Pick-Sloan Missouri River Basin Program: Hydropower and Irrigation |publisher=Missouri River Association of States and Tribes |work=U.S. Bureau of Reclamation |date=27 de setembro de 2011 |accessdate=14 de xaneiro de 2012}}</ref>
 
Nas primeiras etapas do desenvolvemento Pick-Sloan fixéronse plans tentativos para construír unha presa baixa no Missouri en Riverdale (Dacota do Norte) e 27 presas máis pequenas no río Yellowstone e os seus afluentes.<ref>{{Cita novas |title=Missouri River Basin: Report of a Committee of Two Representatives Each from the Corps of Engineers, U.S. Army, and the Bureau of Reclamation, Appointed to Review the Features Presented by the Corps of Engineers (House Document No. 475) and the Bureau of Reclamation (Senate Document No. 191) for the Comprehensive Development of the Missouri River Basin |publisher=U.S. Congress |work=78th Congress, 2nd Session |date=21 de novembro de 1944}}</ref> Isto tivo a oposición dos habitantes da conca de Yellowstone, e, finalmente, o USBR propuxo outra solución: elevar en gran medida a altura da presa proposta en Riverdale, actual presa Garrison, substituíndo así o almacenamento que proporcionaban as presas de Yellowstone. Debido a esta decisión, o Yellowstone é agora o río de caudal libre máis longo nos estados contiguos dos Estados Unidos.<ref>{{Cita web |author=Bon, Kevin W. |url=http://library.fws.gov/Wetlands/upperyellowstone_01.pdf |title=Upper Yellowstone River Mapping Project |publisher=U.S. Fish and Wildlife Service |date=July 2001 |accessdate=14 de xaneiro de 2012}}</ref> En 1949, a [[United States Bureau of Reclamation]] (USBR) comezou a construción da moderna presa Canyon Ferry para o control de inundacións na zona de Great Falls. Na década de 1950 comezou a construción dos cinco encoros da canle principal —Garrison, Oahe, [[presa Big Bend|Big Bend]], [[presa Fort Randall|Fort Randall]] e [[presa Gavins Point|Gavins Point]]— propostas no marco do Plan Pick-Sloan.<ref name="Pick-Sloan"/> Xunto con Fort Peck, que foi integrado como unha unidade do Plan Pick-Sloan na década de 1940, estas presas forman agora o que se coñece como o «Sistema Canle Principal Río Missouri» (''Missouri River Mainstem System'').<ref name="Mainstem">{{Cita web |author=Knofczynski, Joel |url=http://www.nwd-mr.usace.army.mil/rcc/reports/pdfs/finalAOP2010-2011.pdf |title=Missouri River Mainstem System 2010–2011 Draft Annual Operating Plan |publisher=Nebraska Department of Natural Resources |work=U.S. Army Corps of Engineers |date=November 2010 |accessdate=12 de xaneiro de 2011|lingua=en}}Recuperado dende [http://www.nwd-mr.usace.army.mil/rcc/aop.html RCC Annual Operating Plan (AOP)]</ref>