Bob Dylan: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m música country |
Sen resumo de edición |
||
Liña 31:
== Traxectoria ==
=== 1941-1960: orixe e comezos musicais ===
Robert Allen Zimmerman (en [[Lingua hebrea|hebreo]]: Shabtai Zisel ben Avraham)<ref>Sounes, ''Down The Highway: The Life Of Bob Dylan'' (en inglés), p. 14 ISBN 0-8021-1686-8</ref><ref>{{cita web | url =
Os seus pais, Abram Zimmerman e Beatrice "Beatty" Stone, formaban parte dunha reducida pero moi unida comunidade xudía. Robert Zimmerman viviu en [[Duluth, Minnesota|Duluth]] ata os seis anos, cando o seu pai contraeu a [[poliomielite]] e a súa familia volveu á cidade natal da súa nai, [[Hibbing, Minnesota|Hibbing]], [[Minnesota]], onde pasou o resto da súa infancia.<ref>Shelton, ''No Direction Home'' (en inglés), pp. 25-33. ISBN 0-306-81287-8</ref> Robert viviu boa parte da súa mocidade escoitando a radio: nun primeiro momento, escoitando emisoras que transmitían música [[blues]] e country desde [[Shreveport, Luisiana|Shreveport]] ( [[Luisiana]]), e máis tarde [[rock and roll]].<ref>Shelton, ''No Direction Home'', pp. 38-39. ISBN 0-306-81287-8</ref> Durante a súa estancia na escola, formou varias bandas, como The Shadow Blasters, de curta duración, ou The Golden Chords,<ref name = rsbio>{{cita web | url = http://www.rollingstone.com/artists/bobdylan/biography | título = Bob Dylan: Biography | dataacceso = 1 de abril de 2009 | autor = [[Rolling Stone]]}}</ref> con quen chegaría a tocar no programa de procura de talentos ''Rock and Roll Is Here to Stay''.<ref>Sounes, ''Down The Highway: The Life Of Bob Dylan'', pp. 29-37. ISBN 0-8021-1686-8</ref> No anuario escolar de 1959, Robert Zimmerman marcou como a súa principal ambición "unirse a [[Little Richard]]".<ref name="autogenerated3">Shelton, ''No Direction Home'', pp. 39-43. ISBN 0-306-81287-8</ref> O mesmo ano, usando o pseudónimo de Elston Gunn, tocou en dous concertos con [[Bobby Vee]], acompañando ao piano e improvisando palmas.<ref name = "Gunnn">{{cita web | url = http://expectingrain.com/dok/who/g/gunnnelston.html | título = Early alias for Robert Zimmerman | data = 11 de agosto de 1999 | dataacceso = 7-09-2012 | autor = Expecting Rain }}</ref><ref>Sounes, ''Down The Highway: The Life Of Bob Dylan'', pp. 41-42. ISBN 0-8021-1686-8</ref><ref>Heylin, ''Bob Dylan: Behind the Shades Revisited'' (en inglés), pp. 26-27. ISBN 0-06-052569-X</ref>
|