Masacre de Trelew: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*despegar > engalar.
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 26:
Nun clima de absoluta hermeticidade e gran tensión, a noite do [[21 de agosto]] permanecían reunidos na Casa de Goberno os membros da Xunta de Comandantes en Xefe das tres forzas armadas, colaboradores e ministros. Non se brindou ningunha información aos xornalistas que agardaban noticias.
 
Esa mesma noite, ás 03:30 horas do 22 de agosto, na Base Naval Almirante TsarZar, os 19 detidos foron espertados e sacados das súas celas. Segundo testemuños dos tres únicos reclusos sobreviventes, mentres estaban formados e obrigados a mirar cara ao piso foron metrallados indefensos por unha patrulla a cargo do capitán de corveta Luis Emilio Sosa e do tenente Roberto Bravo, falecendo a maioría no acto, e algúns feridos foron rematados no pisochan.
 
A versión oficial do suceso indicaba que se produciu un novo intento de fuga, con 16 mortos e tres feridos entre os prisioneiros, pero sen baixas nas filas da Mariña.