Abrir o menú principal

Cambios

En [[1955]] a súa familia trasladouse a [[Vigo]], e el foi estudar Filosofía e Letras na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Alí tomou contacto co galeguismo cultural nucleado na [[Editorial Galaxia]] en torno á figura de [[Ramón Piñeiro]], pero non tardou en reclamar unha nova articulación da oposición política ao [[franquismo]] e do propio nacionalismo, o que provocou a súa expulsión, xunto con outros mozos, do Consello da Mocedade. En [[1956]] foi primeiro premio de [[poesía]] nas [[Festas Minervais]] de Santiago. En [[1957]] foi vivir a [[Madrid]] e tres anos despois licenciouse en [[Filoloxía]] Románica. Nesta cidade mantivo estreito contacto cos focos galeguistas e de esquerda alí localizados. Así, en [[1958]], creouse o [[grupo Brais Pinto]], constituído en torno á editorial do mesmo nome. En [[1961]] seguiu un curso de cultura inglesa na [[Universidade de Oxford]], e entre [[1963]] e [[1965]] fixo diversas viaxes por [[Europa]]. Tras facer o servizo militar nas [[illas Canarias]], entre [[1962]] e [[1964]] foi mestre no [[Colexio Fingoi]] de [[Lugo]], até que en [[1965]] obtivo a Cátedra de Lingua e literatura Española do [[Instituto Santa Irene]] de [[Vigo]] instalándose finalmente nesa cidade.
 
Debido á súa actividade política foi procesado en tres ocasións -a última, cando xa estaban en vigor as institucións democráticas españolas-, sufrindo torturas e varios ingresos no cárcere.{{cómpre referencia}} Durante a súa estancia no penal de El Dueso ([[Cantabria]]) escribiu ''[[Retorno a Tagen Ata]]'' e ''Antón e os inocentes''.
 
Recentemente xubilou e retirouse do seu posto de profesor de literatura no [[Instituto Santa Irene]]. Tamén é columnista no xornal ''[[Faro de Vigo]]'' e dirixe a revista de pensamento crítico ''[[A Trabe de Ouro (revista)|A Trabe de Ouro]]'', que ten marcado de xeito notábel na última década o devir da nosa cultura coa difusión de problemas e investigacións sobre cuestións diversas con aproximacións interdisciplinares e baixo unha dupla perspectiva nacional e universal. Ferrín é membro da [[Real Academia Galega]] e Doutor Honoris Causa pola [[Universidade de Vigo]]. É Doutor en Filoloxía.
172.932

edicións