Guerra civil española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños varios de formato
Liña 54:
En [[Cataluña]] o goberno central anulou a ''LLei de contractes de conreu'' que facilitaba o acceso á propiedade da terra ós arrendatarios dos viñedos. [[Ricardo Samper]], daquela xefe de goberno e que apoiara a lei tivo que dimitir ante a intransixencia das dereitas ante esta lei. Ante esta crise as esquerdas pedían a disolución das Cortes e a convocatoria de novas eleccións. A CEDA, en troques, aspiraba a entrar no goberno, e trala volta de Lerroux á xefatura do goberno, finalmente entran tamén tres membros da CEDA. A [[Unión General de Trabajadores|UGT]] convocou unha folga xeral revolucionaria que seguiron os partidos de esquerda e centro-esquerda co ánimo de botar abaixo o goberno. O goberno declarou ilegal esta folga e declarou o estado de guerra en toda [[España]]. A folga comezou o [[5 de outubro]] e tivo seguimento nas principais cidades, mais tería unha relevancia notoria en Cataluña e Asturias.
 
[[Ficheiro:Seal of the Generalitat of Catalonia.svg|130px|esquerda|miniatura|O Goberno suspende a [[Generalitat de CatalunyaCataluña]].]]
En Cataluña a folga xeral foi unida ó descontento da esquerda nacionalista pola lentitude das transferencias de competencias conseguidas co [[estatuto de autonomía]]. O goberno da [[Generalitat de Cataluña]] presidido por [[Lluís Companys]], de [[Esquerra Republicana de Catalunya]], proclama o ''Estado Catalán'' dentro dunha ''República Federal Española''. Este feito provocou a intervención do Exército, que axiña domina a situación despois dalgunhas loitas e o canoneo da cidade, nas que morren unhas 46 persoas (8 soldados e 38 civís), a detención de Companys e a fuxida de Josep Dencás (conseller de Governació). A autonomía catalá foi suspendida polo Goberno e a Generalitat de Cataluña foi substituída por un Consell de la Generalitat designado polo Goberno, nomeando a Manuel Portela Valladares gobernador xeral de Cataluña. A lei de Cultivos foi anulada. O President da Generalitat e os seus seguidores foron detidos e procesados. O consello de guerra ditou pena de morte contra dous militares rebeldes e condenou a Companys a 30 anos de reclusión por “rebelión militar”.