Barcelona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 250:
[[Ficheiro:Ayuntamiento Barcelona.jpg|miniatura|Fachada do [[Casa de la Ciutat, Barcelona|Concello de Barcelona]].]]
En Barcelona hai presentes catro administracións políticas, con diferentes niveis de responsabilidade e competencias:
* A [[Administración Xeral do Estado de España|Administración Xeral do Estado]] ocúpase de cuestións como a seguridade (Corpo Nacional de Policía e Exército), a Xustiza, a xestión de portos e aeroportos, os trens de [[Renfe Operadora|Renfe]], e as costas, entre as competencias máis destacadas. Estas competencias son coordinadas polo Delegado do Goberno en Cataluña e o subdelegado do goberno de Barcelona, que son designado polo Goberno de [[España]], e que teñen a sede na Delegación do Goberno. Actualmente o Corpo Nacional de Policía só ten algunhas competencias, como a expedición do [[DNI]] ou a loita contra o [[terrorismo]] xa que o resto de competencias foron transferidas aos [[Mossos d'Esquadra]], policía autonómica da [[Generalitat de CatalunyaCataluña|Generalitat]].
* A [[Generalitat de CatalunyaCataluña]] é o goberno autonómico de [[Cataluña]], e ten as sedes das súas institucións en Barcelona, como son o [[Parlamento de Cataluña]], situado no [[Parque da Ciutadella]], ou o [[Palau de la Generalitat de Catalunya|Palau de la Generalitat]], sede da Presidencia da Generalitat, situado na [[Plaça de Sant Jaume]]. A Generalitat escóllese por sufraxio universal en eleccións celebradas cada catro anos en toda [[Cataluña]], e ten amplas competencias sobre a xestión da cidade, desde educación, asuntos sociais, tránsito, políticas económicas, comercio etc. Tamén é a responsable da construción de equipamentos como hospitais, escolas, universidades, residencias para a terceira idade.
* A [[Deputación de Barcelona]] (''Diputació de Barcelona'') é o organismo público con menores competencias na cidade. Actualmente preside o padroado que se ocupa do mantemento do parque da [[serra de Collserola]], e dalgúns outros parques e edificios públicos na cidade. Tamén xestiona algúns museos e é titular dunha ampla rede de bibliotecas públicas xestionada conxuntamente cos concellos.
* O [[Concello de Barcelona]] (''Ajuntament de Barcelona'') é o organismo con maiores competencias e funcionarios públicos na cidade, xa que regula a vida diaria dos cidadáns, e importantes asuntos como a [[planificación urbanística]], os transportes, a recadación de impostos municipais, a xestión da seguridade viaria mediante a Garda Urbana (''Guàrdia Urbana''), o mantemento da vía pública (asfaltado, limpeza...) e dos xardíns. Tamén é o responsable da construción de equipamentos municipais como garderías, polideportivos, bibliotecas, residencias para a terceira idade, vivendas de protección pública, entre outros.