Diferenzas entre revisións de «Insectos»

m
→‎Aparato bucal: arranxiños
m (→‎Aparato bucal: arranxiños)
 
O aparato bucal sufriu diversas especializacións nos diferentes grupos de insectos, pero de forma xeral segue algúns modelos básicos que dependen dos hábitos alimenticios:
* '''Mastigador''': Suponse que é o tipo máis primitivo. Está formado por un [[labro|labio superior]] móbil, un par de mandíbulas sen [[palpo]]s, dúas [[maxila]]s libres con palpos móbiles e un [[labio (artópodos)|labio]] inferior que en realidade está formado pola soldadura de dúas maxilas e dotado de dous palpos. É propio dos [[saltón|ortóptero]]s, [[coleópterocoleópteros]]s, [[neurópteroneurópteros]]s, [[libélula|arquíptero]]s, moitos [[himenópterohimenópteros]]s e as larvas dos [[lepidópterolepidópteros]]s.
* '''Chupador''': Está constituído polo labro, epifarinxe, hipofarinxe, mandíbulas, maxilas, labio e palpos maxilares e labiais algunhas veces. Estas pezas forman en xeral un pico e cada unha alóngase como un estilete, capacitando ó insecto para picar os tecidos das plantas ou dos animais. Dentro de este apartado distínguense tres tipos:
:* O de '''probóscide''' ou '''trompa''', que presentan algúns [[mosca|díptero]]s e está constituído por un labio superior ou labro-epifarinxe acanalado, e que forma un tubo ao soldarse coa hipofarinxe; unhas mandíbulas atrofiadas, unhas maxilas moi rudimentarias e con palpos maxilares e, por último, un labio inferior carnoso, brando e sen palpos labiais. O conxunto do labio inferior constitúe a probóscide ou trompa.
:* A '''espiritrompa''', propia dos [[lepidópterolepidópteros]]s, está formada por un labio superior rudimentario, unhas mandíbulas moi pequenas ou totalmente ausentes, un labio inferior do que só quedan os palpos labiais e unhas maxilas moi alongadas e soldadas, dando lugar a un tubo enrolado en espiral, polo que recibe o nome de espiritrompa. Os palpos maxilares son curtos.
:* O de '''pico articulado''', propio dos [[hemípteros]], está composto por un labio superior que pecha a base da canle formada polo labio inferior, unhas mandíbulas alongadas en forma de láminas perforadas, unhas maxilas semitubulares que presentan dous acanalamentos (un alimenticio e outro salivar), e un labio inferior prolongado e articulado (pico) onde se aloxan as mandíbulas e as maxilas.
* '''Lambedor''': Integrado por un labio superior, dúas mandíbulas sen palpos, uns palpos maxilares alongados que forman un tubo onde se aloxa o labio inferior transformado nunha lingüeta moi longa, flexible e peluda. É propio dos [[himenópteros]].
104.757

edicións