Josef Gusikov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engadidas máis ligazóns internas
Liña 3:
{{ligazóns internas}}
{{Biografía}}
'''Michael Josef Gusikov''', nado en [[Shklov]] ([[Belarús]]) o [[2 de setembro]] de [[1806]] e finado en [[Aix-la-Chapelle]] o [[21 de outubro]] de [[1837]], foi un [[músico]] [[Rusia|ruso]], intérprete do [[klezmer]].
 
==Traxectoria==
Naceu no seo dunha familia de músicos. Recibiu as súas primeiras leccións musicais a cargo do seu pai, músico profesional, en [[frauta]] e [[violín]] para entreter vodas e celebracións xudías. Aínda que non podía ler música, o seu talento era obvio e o seu vasto repertorio incluía non só música tradicional xudía, senón tamén melodías de [[Polonia]], [[Rusia]], [[Ucraína]], [[Francia]], [[Alemaña]], [[Lituania]], así como algunhas pezas clásicas. Nas súas interpretacións transmitía unha inspiración descoñecida profundamente melancólica e sentimental. Acompañado polo seu pai, comezou a facer xiras coas que gañaban unha sólida reputación en Rusia.
 
No apoxeo da súa xove carreira, encontrouse cunha devastadora traxedia. Foi golpeado pola [[tuberculose]] e viuse obrigado a abandonar a frauta, privándoo do único sustento que tiña para vivir coa súa esposa e tres fillos.
 
En [[1831]], dadas as súas grandes habilidades musicais, decide dedicarse a outro instrumento, pouco coñecido no momento, o “Shtroy Fidl”: instrumento primitivo orixinario da [[China]] e a [[India]], que chegou a [[Occidente]] coa invasión bárbara dos [[Pobo tártaro|tártaros]] e [[cosacos]]. Consistía nunha serie de listóns de madeira de diferentes tamaños dispostos en pequenos e delgados monllos de [[palla]], golpeados con mazos. Gusikov mellorou o instrumento conseguindo unha amplitude de dúas [[Oitava|oitavas]] e media de escala cromática, non na orde tradicional de [[semitón]], senón dunha forma que facilitaba o seu rendemento. Gusikov é probable que coñecese este instrumento escoitándollo ao mestre consumado Sankson Jakubowski, co cal posteriormente estudaría.
 
En 1834 realiza concertos en [[Kiev]], [[Moscova]] e [[Odessa]] interpretando unha mestura de música xudía tradicional, música polaca, cancións rusas, música ucraína, así como transcricións de música clásica. Gusikov impactou a audiencia co seu excepcional virtuosismo e musicalidade, acompañado dunha capacidade de facer dun instrumento tan aparentemente simple, algo tan marabilloso e sofisticado. No concerto de Odessa escoitouno o violinista polaco Karol Lipinski, que co apoio do poeta [[Alphonse de Lamartine|Lamartine]], animaron a Gusikov a realizar unha xira de concertos por [[Europa Occidental|Europa Occidental.]]
 
===Xira por Europa Occidental===
En 1835 deixa a súa esposa e os seus fillos na casa e emprende a xira acompañado polos seus irmáns, co [[violín]] e o [[violoncello]]. Comeza en [[Lvov]] e [[Cracovia]], máis tarde en [[Praga]], chegando en 1836 a [[Viena]], aínda capital musical da Europa da época, pero tamén un lugar marcado polo seu carácter [[Antisemitismo|antisemita]] imperial. Ignorando que a elite amante da música de Viena estaba retirada nas súas casas de verán, Gusikov concertou un [[concerto]] na cidade. O fracaso que tivo era o imaxinado dadas as circunstancias. Con todo, o crítico musical más influente da Viena da época, Moritz Saphir, tras escoitar a Gusikov actuar en privado, apoiouno con entusiasmados artigos. Como resultado, realizou unha serie de doce concertos no Teatro Josefstadt estendéndose rapidamente a súa fama, probablemente como consecuencia da súa brillante musicalidade, virtuosismo e talento de improvisador, pero tamén pola estraña fascinación de que unha figura completamente hassídica, rodeada dos estereotipos xudeus da [[Europa Oriental|Europa do Leste]], chegase a realizar as pezas de violín más difíciles de [[Niccolò Paganini|Paganini]] cunha facilidade consumada. O seu aspecto de practicante hassídico, con rizos, barba, solideo e abrigo tradicional crearon fascinación, especialmente, en [[París]] onde os rizos se converteron no peitado de moda das mulleres co nome de “Coiffure a la Gusikov”.
 
[[Ficheiro:xyinstrument.jpg|miniatura|right|Instrumento de "palla e madeira"]]