Cnidoblasto: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8) |
m →Toxicidade dos nematocistes: arranxiños |
||
Liña 29:
== Toxicidade dos nematocistes ==
Os cnidocistes son armas moi eficientes. Demostrouse en experimentos que un só cnidociste é suficiente para paralizar un [[artrópodos|artrópodo]] pequeno (larva de ''[[Drosophila]]''). Os cnidoblastos máis perigosos (para os humanos, polo menos) téñenos as [[cubozoos|cubomedusas]].<ref name="pmid16928389">{{Cita publicación periódica |author=Tibballs J |title=Australian venomous jellyfish, envenomation syndromes, toxins and therapy |journal=Toxicon |volume=48 |issue=7 |pages=830–59 |date=December 2006 |pmid=16928389 |doi=10.1016/j.toxicon.2006.07.020 |url=}}</ref><ref name="pmid17688901">{{Cita publicación periódica |author=Brinkman D, Burnell J |title=Identification, cloning and sequencing of two major venom proteins from the box jellyfish, Chironex fleckeri |journal=Toxicon |volume=50 |issue=6 |pages=850–60 |date=November 2007 |pmid=17688901 |doi=10.1016/j.toxicon.2007.06.016 |url=}}</ref><ref name="pmid18243272">{{Cita publicación periódica |author=Brinkman D, Burnell J |title=Partial purification of cytolytic venom proteins from the box jellyfish, Chironex fleckeri |journal=Toxicon |volume=51 |issue=5 |pages=853–63 |date=April 2008 |pmid=18243272 |doi=10.1016/j.toxicon.2007.12.017 |url=}}</ref> Un membro deste grupo, a avespa de mar ''[[Chironex fleckeri]]'' considérase "o animal mariño máis velenoso coñecido", segundo o [[Instituto Australiano de Ciencias Mariñas]]. Pode causar unha gran dor nos humanos, e pode provocar en ocasións a morte. Outros cnidarios, como a medusa ''[[Cyanea capillata]]'' ou o [[hidrozoo]] ''Physalia physalis'' ([[carabela portuguesa]]) poden tamén causar unha gran dor e ás veces son mortais. Por outra parte, as [[anemone de mar|anemones]] de mar gregarias son uns dos cnidarios que teñen unha picadura máis leve, quizais debido á incapacidade dos seus cnidocistes de penetrar na pel, creando unha sensación similar á de tocar candeas pegañosas. Ademais de para alimentarse e defenderse, as anemones de mar e as colonias de coral usan os cnidocistes dos seus cnidoblastos para picarse unhas a outras e defender o seu territorio ou gañar espazo.<ref>http://www.youtube.com/watch?v=WQEiYWGitKs</ref>
O [[veleno]] de animais como os cnidarios, [[
Certos tipos de [[nudibranquio]]s (moluscos) como os [[aeólidos]], conservan os cnidocistes das presas que dixiren (hidrozoos). Estes cnidocistes denomínanse cleptocnidas, e despois de pasaren polo seu apareto dixestivo, almacénanos no extremo dos seus [[cerata]] dorsais.
|