Diferenzas entre revisións de «Kiko Veneno»

 
En [[1999]] visitou [[Arxentina]] para dar unha serie de tres concertos en "La Trastienda", cun singular éxito de crítica e de público. Malia todo, a compañía para a que traballaba non satisfacía o artista, que pediu inutilmente que a súa música se editase tamén noutros países [[Hispanoamérica|da zona]] e de [[Europa]]. Tras outros tres discos de longa duración, Kiko precipitou o final do seu contrato con Ariola (afirmaría máis tarde que o pouco apoio da compañía foi o que impediu que fixese máis álbums da calidade de ''Échate un cantecito'' e ''Está muy bien eso del cariño'') e decidiu que a partir dese momento tódolos seus discos serían editados e comercializados por el mesmo, tanto por medio da distribución tradicional, como aproveitando as oportunidades que ofrece [[internet]], a través do seu selo, ELEMÚSICA. O primeiro disco deste proxecto musical e empresarial foi ''Gira mundial'', gravado xunto a [[Pepe Begines]] (de [[No Me Pises Que Llevo Chanclas]]). Despois realizou a [[Produción musical|produción]], xunto con [[Charlie Cepeda]] -produtor de Las Niñas e músico habitual de Kiko-, do primeiro disco en solitario de Pepe Begines: ''Mi propia película''.
[[File:La música más rumbera llena la noche del domingo en San Isidro 16.jpg|thumb|left|Kiko Veneno (2019).]]
 
En setembro de [[2005]] publicou ''El hombre invisible'' despois de case dous anos de proceso. Pouco a pouco, foron creando o que Kiko tiña na cabeza: primeiro remataron de remendar as maquetas, gravando un pouco, cambiando cada día outro tanto (vantaxes ou loucuras de traballar no seu propio estudio); despois Charlie Cepeda empezou a elixir, a darlle unha dirección máis precisa ó conxunto; e por último gravouse, cunha minuciosidade inqueda, ata que se foi enxergando o que levaba tanto buscándose. Destaca a participación e a achega de [[Jackson Browne]] en ''Hoy no'', canción homenaxe a [[John Lennon|Lennon]] e ó pacifismo; a de [[Jorge Drexler]] en ''Inspiración'', plegaria en busca de beleza; e a guitarra de Raimundo Amador en ''Satisfacción''.
 
637

edicións