Diferenzas entre revisións de «Adagia»

sen resumo de edición
 
Posteriormente cando Erasmo estaba en [[Italia]] adquiriu un gran dominio do [[grego clásico]], o que lle permitiu engadir moitas citas e proverbios de autores gregos, publicándose no 1508 en [[Venecia]], polo editor [[Aldo Anuzio]], unha edición que acadaba as 3260 citas. Esta edición levaría por título ''Adagiurm Chiliades tres, ac centuriae fere totidem''. Posteriormente habería máis edicións con máis proverbios, mais a edición veneciana considérase a canónica, por presentar o título e a estrutura definitiva, que xa non variará nas sucesivas reimpresións.
 
=== Edicións posteriores ===
No [[1513]] o impresor de [[Basilea]], [[Johannes Froben]] imprimiu os adagios de acordo á edición veneciana; tras instalarse Erasmo nesta cidade. Esta casa editorial pasará a ser o principal editor da súa obra. De feito tras catro anos da morte do autor, publicouse a primeira edición das obras completas co título ''Omnia opera Des. Erasmi Rotorodami, quaecumque ipse auctor pro suis agnovit, novem tomis distincta''. Os ''adagia'' convertéronse axiña nunha obra de lectura oobrigada para calquera intelectual da época.
 
Isto non impediu que coa chegada da [[Contrarreforma]], o libro fose engadido no índice de libros prohibidos de Paulo IV do 1559. O que implicaba a prohibición absoluta de imprimir, posuir ou ler calquera libro asociado a Erasmo. Nos séculos posteriores publicáronse varias edicións dos adagios revisadas e modificadas por diversas comisión de teólogos católicos.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{es}}, Erasmo de Rotterdam, ''Adagia Selecta & Julio rechazado del cielo'', ed. La Tempestad, 2018, (ISBN 978-84-7948-147-6).
 
[[Categoría:Obras literarias en latín]]
1.486

edicións