Adagia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Almaffi (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'Adagia' é o nome habitual co que se designa á obra 'Adagiourum collectanea'. Compilación de proverbios e ditos das tradicións grega e latina feitas polo humanista Erasmo de..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de maio de 2019 ás 19:33

'Adagia' é o nome habitual co que se designa á obra 'Adagiourum collectanea'. Compilación de proverbios e ditos das tradicións grega e latina feitas polo humanista Erasmo de Rotterdam.

Orixe

No ano 1500 publica en París, na imprenta de Johannes Philippi un libro titulado ‘Adagiorum collectanea’, colección de 818 proverbios da Antigüedad clásica, acompañados cada un dun comentario sobre aspectos filolóxicos, literarios, históricos ou mitolóxicos. A pedagoxía do libro, a cantidade de información presentada e a elegante latinidade fixeron do libro un éxito por toda Europa. O éxito fixo, que no 1505 Philippi publicará unha segunda edición, e no 1506 unha terceira, esta vez pr Josse Bade. Posteriormente cando Erasmo estaba en Italia adquiriu un gran dominio do grego clásico, o que lle permitiu engadir moitas citas e proverbios de autores gregos, publicándose no 1508 en Venecia por Aldo anuzio que acadaba as 3260 citas. Esta ed. Levaría por título ‘Adagiurm Chiliades tres, ac centuriae fere totidem’ Posteriormente habería máis edicións con máis proverbios, mais a edición veneciana considérase a canónica, por presentar o título e a estrutura definitiva, que xa non variará nas sucesivas reimpresións.

No 1513 o impresor de Basilea Johannes Froben imprimiu os adagios de acordó á edición veneciana. Tras instlarse E. nesta cidade. Esta casa editorial pasara a ser o principal editor da súa obra. De feito tras 4 anos da morte do autor, publicouse a primeira edición das obras completas: ‘Omnoa opera Des. Erasmi Rotorodami, quaecumque ipse auctor pro suis agnovit, novem tomis distincta, Froben MDXL. A obra converteuse axiña nunha obra de lectura oobrigada para calquer intelectual da época. Isto non impediu que coa chegada da Contrarreforma, o libro fose incluido no Indice de Paulo IV do 1559, o que implicaba a prohibición absoluta de imprimir, posuir ou ler calquer libro asociado a E. Nos séculos posteriores publicáronse varias ed. Dos adagios revisadas e modificadas por diversas comisión de teólogos católicos.