Rexionalismo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: =Definición e denominación= O '''Rexionalismo''' supón unha fase intermedia no proceso evolutivo do galeguismo, xa que se sitúa a medio camiño entre o movemento galeguista ant...
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
=Definición e denominación=
O '''Rexionalismorexionalismo''' supón unha fase intermedia no proceso evolutivo do [[galeguismo]], xa que se sitúa a medio camiño entre o movemento galeguista anterior (o [[Provincialismoprovincialismo]]) e o posterior (o [[Nacionalismonacionalismo]]).
 
En [[1886]], [[Manuel Murguía]] publica a súa obra ''Los Precursores''. Segundo Luís Obelleiro, este mesmo autor publicará un artigo en ''La Región Gallega'' no que defina a [[Galiza]] como unha nación, a cal constituía unha das rexións que integraban o territorio do [[España|Estado español]]. De aí o nome de Rexionalismorexionalismo.
 
=O movemento rexionalista=
Segundo explica [[Xosé Ramón Barreiro]], o rexionalismo galego parte da base da crise agropecuaria finisecular e dos problemas económicos que esta trouxo consigo. Isto, unido ás críticas ao centralismo e ao sistema caciquil, conlevou a aparición de tres correntes diferentes dentro do movemento rexionalista.
 
==Correntes do movemento rexionalista==
Apuntan historiadores como Xusto Beramendi ou Luís Obelleiro tres correntes diferentes e contraditorias dentro do movemento rexionalista. Estas son:
*'''A corrente liberal''': é a que pasou con mellor consideración á posterioridade. Liderada por [[Manuel Murguía]], esta tendencia era de corrente progresista. Eran contrarios á centralización político-económica e cultural, e defendían a existencia dun poder lexislativo propio para [[Galiza]]. Desta corrente nace igualmente a visión do país como "nación viva", achegándose ao modelo de nación defendido pola intelectualidade [[Alemaña|alemá]] e separándose da visión da nación [[Francia|francesa]], baseada no pacto entre individuos.
 
*'''A corrente tradicionalista''': era a segunda con maior número de simpatizantes, e estaba enfrontada á corrente liberal, da cal falamos no parágrafo anterior. Estaba liderada por [[Alfredo Brañas]]. Tratábase dunha corrente de carácter puramente conservador. Aínda que era contraria ao centralismo e ao capitalismo, tamén estaba en contra do liberalismo, de xeito que o seu obxectivo era o reestabelecemento da antiga orde política e social.
 
*'''A corrente federalista''': estaba liderada por [[Aureliano Pereira]], e a maioría dos seus simpatizantes pertencían ao [[Partido Republicano Federal]]. Afirma Luís Obelleiro que esta corrente defendeu o marco definido no Proxecto de Constitución para o futuro Estado político galego.
 
Calquera das tres correntes eran partidarias da autonomía política de [[Galiza]], a cal debía recuperar e preservar as súas particularidades identitarias culturais e lingüísticas.