Percebe do Canadá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
m Arranxiños
Liña 19:
[[Ficheiro:Pollicipes polymerus Friday Harbor.JPG|miniatura|240px|Colonia de ''P. polymerus'' en [[Friday Harbor]] na costa noroeste dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].]]
 
O '''percebe do Canadá''' ou '''percebe do noroeste do Pacífico''', ''Pollicipes polymerus'' é unha [[especie (bioloxía)|especie]] de [[artrópodos|artrópodo]] pertencente á familia dos [[policipédidos]] da [[orde (bioloxía)|orde]] dos [[pedunculados]] e [[clase (bioloxía)|infraclase]] dos [[cirrípedes]], do [[filo|subfilo]] dos [[crustáceos]], [[mar]]iño con [[pedúnculo]] carnoso e curto, que vive fixado ás rochas batidas polas ondas.
 
A súa [[área de dispersión]] limítase á [[zona intertidal]] ao longo da costa pacífica de [[Norteamérica]].<ref>{{Cita web |url=http://www.wallawalla.edu/academics/departments/biology/rosario/inverts/Arthropoda/Crustacea/Maxillopoda/Cirripedia/Pollicipes_polymerus.html |título=Melissa McFadden (2002): ''Mitella polymerus'' (Sowerby, 1833). Walla Walla University. |data-acceso=03 de xullo de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120213150000/http://www.wallawalla.edu/academics/departments/biology/rosario/inverts/Arthropoda/Crustacea/Maxillopoda/Cirripedia/Pollicipes_polymerus.html |dataarquivo=13 de febreiro de 2012 |urlmorta=si }}</ref>.
 
É un parente próximo do [[percebe]] do [[Océano Atlántico|Atlántico]] NE, ''Pollicipes pollicipes'', e a súa aparencia e gusto son similares.<ref>O da aparencia é certo, ben se ve se comparamos as fotos de ambas as especies. Canto ao do gusto, hai opinións diversas; o profesor [[Carlos Pajares Vales|Carlos Pajares]], ex-reitor da Universidade de Santiago, que fixo estudos de posgraduado en Oregón, nunha entrevista periodística afirmou que alí se vivía moi ben, pero que estaba farto de comer percebes, que non tiñan nada que ver cos galegos.</ref>
 
A partir de [[1970]] a súa explotación comercial no [[Canadá]] experimentou un importante auxe debido á demanda do mercado [[España|español]] xa que os ''stocks'' locais de ''Pollicipes pollicipes'' diminuíran gravemente. Porén, as exportacións de percebe do Canadá cesaron a partir de [[1999]], data na que se pecha a súa pesca comercial debido á preocupante baixa das súas poboaciós.<ref>[http://www.westcoastaquatic.ca/article_love_barnacles.htm Josie Osborne (2003): ''A Spanish Love Affair with Goose Barnacles''] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20110516200607/http://www.westcoastaquatic.ca/article_love_barnacles.htm |date=16 de maio de 2011 }}. Ha-Shilth-Sa Newspaper.</ref>.