Sistema de determinación do sexo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Liña 69:
Algunhas especies non teñen sistemas para determinar o sexo e son hermafroditas ou teñen un só sexo. Entre os [[hermafrodita]]s está a [[miñoca]] común e certas especies de caracois. Unhas poucas especies de peixes, réptiles, e insectos reprodúcense por [[partenoxénese]] e son todas femias. Hai algúns réptiles como a [[boa constritora]] e o [[dragón de Komodo]] que poden reproducirse por apareamento sexual ou partenoxeneticamente, dependendo de se poden atopar ou non un conxénere do sexo oposto para aparearse.<ref name=Watts>{{Cita publicación periódica|last=Watts|first=Phillip C.|autor2=Kevin R. Buley, Stephanie Sanderson, Wayne Boardman, Claudio Ciofi & Richard Gibson|title=Parthenogenesis in Komodo dragons|journal=Nature|date=21 December 2006|volume=444|pages=1021–1022|doi=10.1038/4441021a|pmid=17183308}}</ref> No caso da boa constritora pode orixinarse descendencia tanto masculina coma feminina por partenoxénese.
 
Nalgúns [[artrópodoartrópodos]]s, a proporción de sexos está determinada pola infección por unha [[bacterias|bacteria]] do xénero ''[[Wolbachia]]''. Algunhas poboacións destas especies como as do lepidóptero ''Acraea'' constan case só de femias, que están infectadas por ''Wolbachia'', que destrúe aos embrións masculinos.<ref name=Jiggens>{{Cita publicación periódica|last=Jiggens|first=Francis M.|autor2=Gregory D.D Hurst and Michael E.N Majerus|title=Sex-ratio-distorting Wolbachia causes sex-role reversal in its butterfly host|journal=Proceedings of the Royal Society|year=2000|volume=267|issue=1438|pages=69–73|doi=10.1098/rspb.2000.0968|url=http://rspb.royalsocietypublishing.org/content/267/1438/69}}</ref>
 
Outras formas inusuais de determinación do sexo descubertas afectan ás especies seguintes: