Lofotrocozoos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxiños
Liña 22:
* [[Annelida]]
}}
Os '''lofotrocozoos ''' ('''''Lophotrochozoa''''') son un dos principais grupos [[animal|animais]], todos eles [[Bilateral (zooloxía)|bilaterais]] e [[ProtóstomoProtóstomos|protostomados]],
Este grupo de recente creación baséase na combinación de estudos morfolóxicos e moleculares (ARN, 18 S) cos que non todos os zoólogos están de acordo, e é probable que no futuro, cando xurda nova información, aparezan clasificacións que complementen ou polo menos cambien esta visión.
 
O nome de lofotrocozoos provén da combinación nomes dos dous grupos de animais máis importantes que figuran nel: os [[lofoforatos]] e os [[trocozoos]].
 
Os [[moluscomoluscos]]s, [[anélidoanélidos]]s, [[sipuncúlido]]s e [[nemertino]]s producen [[larva]]s [[trocófora]]s, que teñen dúas bandas de [[cilio]]s arredor da zona medial. Con anterioridade foron tratados xuntos como '''[[trocozoo]]s''', xunto cos [[artrópodoartrópodos]]s, que non teñen este tipo de larva, pero que foron considerados parentes próximos dos [[anélidos]] (que si teñen larvas trocóforas) porque ambos están segmentados. Non obstante, amosan un gran número de importantes diferenzas e os artrópodos se colocan agora entre os [[ecdisozoo]]s.
 
Os [[braquiópodo]]s, [[foronídeo]]s, [[briozoo]]s e [[entoprocto]]s comparten a presenza dun [[lofóforo]], unha coroa de tentáculos ciliados que rodean a boca e se lles coñece có nome de '''[[Lofoforados]]'''. A diferenza dos demais filos, teñen [[segmentación (zooloxía)|segmentación radial]], e algúns autores os consideran [[deuteróstomo]]s; pero análises [[cladística|cladísticos]] baseados no [[Ácido ribonucleico|ARN]] os achegan aos trocozoos. As relacións [[Filoxenia|filoxenéticas]] dos diferentes filos non están aínda claras. Ademais, parece que nin os lofoforados nin os trocozoos son grupos [[monofilético]]s, senón que aparecen mesturados entre si en moitos análises cladísticos.