Luou, Teo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 22:
As vías romanas tiñan o seu paso pola parroquia. Dende o [[Castro Lupario]], saía unha vía romana que pasaba polo Espiño e [[Cornide, Calo, Teo|Cornide]] (Calo) e introducíase na parroquia de Luou por Seixos, Espasande, A Igrexa, Paraxó e Ponte do Aido. Esta vía seguía ata [[Asseconia]], con outra vía do primeiro [[itinerario de Antonino]].
 
Vestixios dos antergos son: Osos [[petróglifo]]s de Loureiro, a Eira dos Mouros próxima a Loureiro e a Mamoa de Trasellas. Tamén teñen un valor estimable varios cruceiros espallados pola parroquia.
 
A Igrexa está edificada onde estivo a Capela de Santa Margarita, despois de que fora trasladada desde [[Loureiro, Teo|Loureiro]]. Segundo se conta, dada a súa pouca capacidade, cura e veciños acordaron construír unha nova no ano [[1788]]. A igrexa actual de Santa María de Luou data do segundo terzo do século XIX. A torre foi construída polos mestres canteiros Francisco Casal e Juan Casal. Este tamén construíu a igrexa de Bamonde e a capela de Santa Eufemia de Oza ámbalas dúas tamén no concello de Teo.