Mosteiro de Santa María de Oia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 28:
No [[século XV]] a inobservancia das regras monacais nas comunidades relixiosas da [[Península Ibérica]] era un mal xeneralizado, ao que se lle unía o abuso da figura dos abades comendatarios. Ante esta situación os [[Reis Católicos]] promoveron unha total reforma que levou a cabo Frei [[Martín de Vargas]], a través da [[Congregación de Castela]]. Os cenobios galegos foron incorporándose gradualmente á reforma, facéndoo o mosteiro de Oia no ano [[1547]].
 
O abade dese momento '''Gregorio Nieto''' e o prior '''Juan Rois''', ao terteren noticias da chegada dos monxes reformadores, fuxiron a [[Portugal]] ''"levando todo o pan e o viño do mosteiro e 100 cabezas de gando vacún, ademais de dúas cruces de prata, unha custodia dourada e un cáliz"''.
 
Chegou o reformador Frei '''Ignacio de Collantes''' e, acompañado dos abades de [[Mosteiro de Santa María de Meira|Meira]] e [[Mosteiro de Sobrado dos Monxes|Sobrado]], pronuncian sentenza en capítulo contra o abade fuxitivo privándolle do seu cargo. O abade instalouse na ''Granxa de Silva'', pertencente ao mosteiro. Logo dun tempo acudiu a [[Vaticano|Roma]] a demandar o seu cargo e tras recuperalo, na viaxe de volta a España, morreu de xeito repentino.