Descompoñedor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Os '''descompoñedores''' son organismos que se alimentan de materia orgánica morta dos ecosistemas e constribúen á súa descomposición natural.<ref name=ACE>{{Cita web |url=http://nerrs.noaa.gov/doc/siteprofile/acebasin/html/biores/decomp/dctext.htm# |título=NOAA. ACE Basin National Estuarine Research Reserve: Decomposers. |data-acceso=03 de agosto de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141009000003/http://www.nerrs.noaa.gov/doc/siteprofile/acebasin/html/biores/decomp/dctext.htm# |dataarquivo=09 de outubro de 2014 |urlmorta=si }}</ref> Son seres [[heterótrofo]]s que converten os compostos orgánicos dos que se alimentan en compostos inorgánicos (sales, gases), que poden volver ser utilizados polos seres vivos, polo que xogan un papel moi importante nos [[ciclo bioxeoquímico|ciclos bioxeoquímicos]] da natureza. Os descompoñedores máis típicos absorben substancias orgánicas do seu ambiente por osmotrofia (a través das súas paredes) e descompóñenas directamente nos seus [[metabolismo]]s, sen utilizaren aparatos dixestivos, e estes son especies de [[bacteria]]s, [[arquea]]s e [[fungo (bioloxía)|fungos]], mentres que os pequenos animais descompoñedores, como por exemplo, [[miñoca]]s ou [[artrópodo]]s, que comen e dixiren nos seus aparatos dixestivos os residuos orgánicos, reciben o nome máis específico de [[detritívoro]]s. Algúns [[protista]]s tamén funcionan como descompoñedores. Xeralmente se exclúen dos descompoñedores aos animais [[necrófago (bioloxía)|necrófagos]] ou carroñeiros (larvas de [[mosca]], [[escaravello]]s, [[voitre]]s, [[hiena]]s etc.), pero os restos deixados por estes son descompostos polos descompoñedores.<ref>C.Michael Hogan. 2011. [http://www.eoearth.org/article/Trophic_level?topic=58074 ''Trophic level''. Eds. M.McGinley & C.J.cleveland. Encyclopedia of Earth. National Council for Science and the Environment. Washington DC]</ref>
 
As bacterias [[saprotrofia|saprótrofas]] poden descompoñer case calquera tipo de materia orgánica.<ref>{{Cita web |url=http://soils.usda.gov/sqi/concepts/soil_biology/bacteria.html |título=USDA Natural Resources Conservation Service: Soil Biology. |data-acceso=03 de agosto de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130918001814/http://soils.usda.gov/sqi/concepts/soil_biology/bacteria.html |dataarquivo=18 de setembro de 2013 |urlmorta=si }}</ref> As bacterias saprófitas son moi abundantes nos solos, onde pode haber 40 millóns de bacterias por gramo de solo.
 
En moitos ecosistemas os principais descompoñedores de residuos orgánicos son fungos saprótrofos. Os fungos poden penetrar coas súas [[hifa]]s na materia en descomposición acelerando a súa descomposición. Os fungos liberan encimas para descompoñer a materia orgánica e mesmo teñen encimas capaces de degradar a [[lignina]] da madeira, o que os fai os principais descompoñedores dos bosques.<ref name=berkeley>{{Cita web |url=http://www.ucmp.berkeley.edu/fungi/fungilh.html |title=Fungi: Life History and Ecology |first1=Ben |last1=Waggoner |first2=Brian |last2=Speer |work=Introduction to the Fungi |accessdate=24 January 2014}}</ref>