Vespasiano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Poño modelo Biografía
sofocar > sufocar
Liña 10:
As feridas morais e materiais das guerras civís pronto desapareceron e [[Roma]] entrou nunha etapa de estabilidade.
 
En Oriente, puxo fin á rebelión dos xudeus. [[Tito Flavio Sabino Vespasiano|Tito]], vinculeiro de Vespasiano, sofocounasufocouna, tomou [[Xerusalén]] e destruíu o seu Templo ([[70]]). Tamén foi necesario cortar de raiz o intento do outrora fiel [[Marco Antonio Primo]], que se propuña independizarse nas [[Galia]]s. O exército destas provincias e mailo do [[Rhin]] foi redistribuído e [[Tito Flavio Sabino Vespasiano|Tito]] foi nomeado o seu [[prefecto]].
 
Vespasiano tivo bo coidado de manter boas relacions co Senado, ó que consultaba tódolos asuntos e no que sentou numerosos representantes da aristocracia provincial, especialmente de Occidente. A súa política respecto ás provincias foi quen de impulsar a romanización, crear novas colonias e estender os beneficios da [[cidadanía romana]]. A latina foille concedida cando menos a 120 municipios de [[Hispania]], o cal implicaba que os seus maxistrados, pertencentes na súa meirande parte á clase media local, accedesen á cidadanía romana ao ano de desempeñar o seu cargo.