Grecia clásica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m ligazóns internas
Engadidas ligazóns internas
Liña 4:
{{Historia de Grecia}}
 
Chámase '''Grecia clásica''' a un período da historia da [[Grecia antiga]] que corresponde osaos [[Século -V|séculos V]] e [[Século -IV|IV]] a.C. A este período sucedeulle o [[período helenístico]].
 
Lugar de nacemento das ideas que configuraron occidente[[Occidente]]. Inclúe territorios da actual [[Grecia]] e países limítrofes: [[Macedonia do Norte]] e sobre todo, [[Turquía]]. Moitas das cidades e lugares da literatura clásica grecolatina ([[Troia]], [[Esparta]], [[Atenas]], [[Minos]], [[Knosos]], [[illa de Creta|Creta]], [[Chipre]], [[Mileto, Grecia|Mileto]] etc.) son hoxe recoñecibles óao longo da xeografía deste territorio mediterráneo, e algúns mesmo son localizables e resisten o paso do tempo.
 
==Acontecementos históricos==
=== Guerras Médicas ===
Dende mediados do [[Século -VII|século VII a.C]]., os [[Xonia|xonios]] de [[Anatolia|Asia Menor]] estaban en estreito contacto coa veciña [[Reino de Lidia|Lidia]] e adquiriran un gran desenvolvemento económico e cultural; pero a chegada dos [[persa]]s dende [[Oriente]] a Asia Menor causou un grande impacto nos pobos gregos da costa. Para manter os seus privilexios sociais e económicos os cidadáns impuxeron leis restritivas de acceso á cidadanía aos que non o eran (metecos, estranxeiros, [[Escravo|escravos]]).
 
Moitos xonios non se someteron ás tiranías impostas polos persas e fuxiron a Occidente, onde fundaron novas colonias. Cara ao 500 a.C. os xonios subleváronse contra o imperio persa e pediron axuda aos gregos do outro lado do [[Mar Exeo|Exeo]]; tras varios anos de guerra foron sometidos e duramente castigados. Os reis de Persia, decididos a evitar novas revoltas, emprenderon a conquista de Grecia.
 
=== Primeira guerra Médicamédica (490 a. C.). ===
Os atenienses dirixidos polo xeneral [[Milcíades]] rexeitaron o ataque do rei [[Darío I|Darío]] na chaira ática de [[Batalla de Maratón|Maratón]].
 
=== Segunda guerra Médicamédica (480 a. C.) ===
Dez anos despois os persas fixeron unha nova invasión de Grecia con enormes efectivos, a acción conxunta da maioría dos gregos, con Atenas e Esparta á cabeza, logrou a liberación de Grecia: batalla terrestre [[Batalla das Termópilas|das Termópilas]], co rei [[Esparta|espartano]] [[Leónidas I|Leónidas]] á fronte, e batallas navais de [[Batalla de Salamina|Salamina]], dirixida por [[Temístocles]], e de [[Batalla de Platea|Platea]].
 
Ao rematar as [[Guerrasguerras médicas]], [[Atenas]] e as cidades xonias crearon unha alianza, a [[Liga Marítima Délico-Ática]], con sede na [[Illa de Delos|illa de [[Delos]], para defenderse de futuros ataques persas. Ao cabo de pouco tempo, esta alianza transformouse nun imperio ao servizo dos intereses atenienses.
 
Así mesmo, Atenas comezou a reconstrución do [[Acrópole de Atenas|Acrópole]], a construción dos Longos Muros dende Atenas ao porto do [[O Pireo|Pireo]], deuse un gran desenvolvemento da vida literaria e artística e houbo unha grande afluencia de intelectuais e pensadores que acudían á cidade procedentes doutros lugares de Grecia.
Liña 33:
O enfrontamento entre a Liga Délico-Ática (Atenas e os seus aliados) e a [[Liga do Peloponeso]] (Esparta e os seus aliados) foi o máis longo e cruento que padeceron os gregos. Ao seu termo, Grecia quedou esgotada e iniciou un proceso continuado de decadencia.
 
Esparta impuxo a súa hexemonía sobre os gregos e instaurou gobernos [[Oligarquía|oligárquicos]], en Atenas o goberno dos Trinta Tiranos instaurou un réxime de terror que propiciou a volta da democracia.
 
=== Filipo e Alexandre ===
Nese momento entrou en escena unha nova potencia: a [[Reino de Macedonia|Macedonia]] de [[Filipo II de Macedonia|Filipo II]], rei enérxico, tenaz e intelixente. En poucos anos reorganizou o seu reino e venceu os seus opositores, encabezados por Atenas, na [[batalla de Queronea]] (338 a.C.). Dende entón, os gregos perderon a súa independencia política e estiveron baixo a autoridade dos reis macedonios.
 
Macedonia impúxose con facilidade en Grecia debido á crise das [[polis]], con continuos conflitos internos e externos, agudización das loitas entre ricos e pobres e desinterese por participar na política.
 
Tras o asasinato de Filipo II, o seu fillo [[Alexandre o Grande|Alexandre]] sufocou os levantamentos dalgunhas cidades gregas contra Macedonia e dirixiu o seu exército contra o [[Imperio Persa]] tras cruzar o [[Dardanelos|Helesponto]]. No curso de once anos, Alexandre o Grande derrotou os persas nunha serie de impresionantes vitorias: [[Batalla do Gránico|Gránico]], [[Batalla de Isos|Isos]], expedición a Exipto, [[Batalla de Gaugamela|Gaugamela]]... Tras a toma de [[Persépolis]] iniciou unha grande expedición cara ao Leste para coñecer os límites do seu enorme imperio, que se estendía dende os [[Balcáns]] ata [[Afganistán]] e dende Exipto ao [[Río Indo|Indo]].
 
Na organización e administración do seu imperio Alexandre mostrou unha grande amplitude de miras: baixo a súa inspiración produciuse a fusión da cultura helénica e a dos pobos conquistados, a adopción de ritos e cerimoniais autóctonos, a fundación de cidades con vistas a fomentar o estilo grego de vida e a mellora das vías de comunicación co fin de potenciar as actividades económicas. A súa temperá morte aos 33 anos frustrou a realización de maiores empresas.