110.001
edicións
(lugar de falecemento) |
Sen resumo de edición |

{{Desactualizado}}
{{Biografía}}
'''Alfredo Pérez Rubalcaba''', nado o [[28 de xullo]] de [[1951]] en [[Solares]]
== Traxectoria ==
Alfredo Pérez Rubalcaba ingresou no [[PSOE]] en [[1974]], no que comezou a colaborar na [[Federación Socialista Madrileña]] e, máis tarde, nas comisións de Ensino e Investigación tanto do partido coma do Grupo Parlamentario Socialista.
Coa chegada ó Goberno do [[PSOE]] en [[1982]], Rubalcaba asumiu distintos cargos relacionados coa universidade e a educación. De feito, en [[1988]] foi nomeado Secretario de Estado de Educación, e entre [[1992]] e [[1993]] foi nomeado ministro de Educación e Ciencia. Tralas [[Eleccións Xerais 1993 en España|eleccións xerais de 1993]], o daquela [[presidente do Goberno de España|presidente do Goberno]], [[Felipe González]], nomeouno ministro da Presidencia e de Relacións coas [[ortes]] (carteira de nova creación), cargo no que se mantivo ata as Eleccións xerais de [[1996]].
Nas [[Eleccións Xerais 1996 en España|xerais de marzo de 1996]], que o [[PSOE]] perdeu fronte ó [[Partido Popular|PP]], Rubalcaba resultou elixido [[deputado]] por [[Madrid]].
Un ano máis tarde, no [[Congresos del PSOE|XXXIV Congreso do PSOE]], foi elixido membro da Executiva e secretario de Comunicación. A súa inclusión nas listas do partido por parte do por entón secretario xeral do [[PSOE]], [[Joaquín Almunia]], veu a refrendar a súa notable importancia no Partido na nova etapa. De feito, o actual ministro do Interior foi un dos principais encargados de mantr contactos co goberno popular sobre ETA a raíz da tregua de [[1999]].
No XXXV Congreso socialista, no que [[José Luis Rodríguez Zapatero]] foi elixido novo secretario xeral do [[PSOE]], Rubalcaba entrou a formar parte do Comité Federal do partido.
Nesta etapa, encabezou a delegación socialista que acordou co [[PP]] o denominado Pacto polas Liberdades e contra o Terrorismo, asinado en decembro de [[2000]].
Nas [[Eleccións xerais españolas de 2004|eleccións xerais de marzo de 2004]], Rubalcaba foi responsable da Estratexia Electoral do [[PSOE]], e máis tarde foi nomeado voceiro do Grupo Socialista no [[Congreso dos Deputados de España|Congreso dos Deputados]]. Desde o [[11 de abril]] de [[2006]] substitúe a [[José Antonio Alonso]] á fronte da [[Ministerio do Interior de España|Carteira de Interior]]. Este relevo produciuse tralo "[[alto o fogo]]" da banda terrorista [[ETA]]. A partir de [[2010]] sumoulle tamén a vicepresidencia do goberno e mais o cargo de voceiro, que desempeñou ata uns meses antes das [[eleccións Xerais 2011 en España|eleccións xerais de 2011]], nas que encabezou a candidatura do PSOE á presidencia do goberno.
{{Start box}}
{{ succession box | título = [[Ficheiro:Escudo de España.svg|25px]]
[[Ministerio de Educación e Ciencia de España|Ministro de Educación e Ciencia]] | período = [[1992]] - [[1993]] | predecesor = [[Javier Solana]] | sucesor = [[Gustavo Suárez Pertierra]] }}
{{ succession box | título = [[Ficheiro:Escudo de España.svg|25px]]
[[Ministerio da Presidencia de España|Ministro da Presidencia]] | período = [[1993]] - [[1996]] | predecesor = [[Javier Moscoso del Prado y Muñoz]] | sucesor = [[Francisco Álvarez Cascos]] }}
{{ succession box | título = [[Ficheiro:Escudo de España.svg|25px]]
[[Ministerio do Interior de España|Ministro do Interior]] | período = [[2006]] - [[2011]] | predecesor = [[José Antonio Alonso]] | sucesor = [[Antonio Camacho]] }}
{{ succession box | título = [[Ficheiro:Escudo de España.svg|25px]]
[[Vicepresidente Primeiro do Goberno de España|Vicepresidente Primeiro do Goberno]] | período = [[2010]] - [[2011]] | predecesor = [[María Teresa Fernández de la Vega]] | sucesor = [[Elena Salgado]] }}
{{ succession box | título = [[Ficheiro:Escudo de España.svg|25px]]
Voceiro do Goberno | período = [[2010]] - [[2011]] | predecesor = [[María Teresa Fernández de la Vega]] | sucesor = [[Ramón Jáuregui]] }}
{{End box}}
==Notas==
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
===Ligazóns externas===
* [https://web.archive.org/web/20071007222502/http://www.mir.es/DGRIS/Biografias_Altos_Cargos/rubalcaba.htm Biografías de Altos Cargos] en archive.org. Ministerio do Interior {{es}}
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Perez Rubalcaba, Alfredo}}
[[Categoría:Vicepresidentes do goberno de España]]
[[Categoría:Ministros de España]]
[[Categoría:Ministros da Presidencia de España]]
[[Categoría:Personalidades de Cantabria]]
[[Categoría:Nados en 1951]]
[[Categoría:Nados en Solares]]
[[Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid]]
[[Categoría:Políticos do PSOE]]