Cultura castrexa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 2 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 8:
 
A segunda fase vai dende comezos do século IV ata, segundo algúns, a incursión de [[Décimo Xunio Bruto Galaico|Décimo Xunio Bruto o Galaico]] no século II a.C., segundo outros na transición do século II ao I a.C. Nesta fase media é cando aparecen novos modelos de ocupación do territorio, en ligazón con factores económicos de [[agricultura|explotación agrícola]].
[[Ficheiro:Vista xeral da croa Castro de Viladonga.JPG|miniatura|esquerda|240px|Vista xeral do [[Castro de Viladonga]].]]
 
A terceira fase vai dende a fin da etapa anterior ata a segunda metade do século I d.C., coincidindo coas reformas flavias. Nesta etapa final, tamén denominada "''fase castrexo-romana''", prodúcese en determinadas áreas (principalmente a zona meridional de Galiza e no Norte de Portugal) unha reorganización consistente na concentración da poboación en grandes núcleos de asentamentos e unha xerarquización dos castros. A conquista romana sucedida nesta fase durante as [[Guerras Cántabras]], non supón a fin nin un troco importante no desenvolvemento da cultura castrexa.