Wikipedia:A Taberna (novas): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 449:
==Obradoiro de edición en Vigo 9/05/2019 no Centro de Documentación e recursos feministas==
Bo día, onte, invitada polo [[Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo]], achegueime para falar de edición na Galipedia. O grupo de usuarias que participou foi moi activo e teñen unha gran motivación. O tempo quedounos moi xusto, entre outras cousas porque tiñamos diferentes niveis de coñecemento da edición neste grupo. Pero houbo moitas preguntas e moita partipación. Centreime nos piares, a comunicación e como xestionarmos o tempo e como buscar cousas para aprender autónomamente ou coa axuda doutras editoras. Como a idea é o mantemento dun grupo de edición estable xestionado polo centro a traves de [[Usuaria: CoroRP|CoroRP]], con reunións presenciais (unhas de mañá e outras de tarde) eu confío que en moi pouco tempo o volume de traballo deste grupo vai ser moi significativo e as achegas moi interesantes. Como no caso de calquera persoa que comeza, lembrar que non se ten por que coñecer todo o funcionamento nin o libro de estilo de inicio a fin (non dá moito tempo a practicalo e velo nunha sesión) e a min personalmente non me deu tempo de indicarllelo todo. Por todo isto escribo aquí para solicitarvos que se tedes tempo e vedes calquera eiva por descoñecemento, por favor escribades nas súas páxinas de conversa ou detalledes as melloras un pouco máis polo miúdo no campo resumo cando corrixades algo. Ao estar en conexión todas elas cada tempiño adicado a explicar algo a unha nova usuaria vai chegar ao resto e será un tempo ben investido. Eu estarei pendente igualmente. <br/>
A maiores están interesadas en coñecer máis polo miúdo como crear e ligar elementos en [[Wikidata]], así que [[Usuario:Estevoaei|Estevo]], hai que mirar de facer sesións de formación en Vigo ou traballar nun titorial, por exemplo. Conta comigo para botar unha man. Deixo aquí un saúdiño ás participantes da sesión para agradecerlles a implicación e a boa acollida recibida na sesión formativa. (Así xa tedes a miña páxina de conversa a man para calquera dúbida ou consulta). [[Usuaria:Sisa19|Sisa19]]; [[Usuaria: Faia Costeira|Faia Costeira]]; [[Usuaria:AmeliaVR2019|Amelia]]; [[Usuaria: Arroases|Arroases]]; [[Usuaria:Bolinhodeamor|Bolinhodeamor]]; [[Usuaria: DONAHIRO|DONAHIRO]]; [[Usuaria:Monbac8M|Monbac8M]]; [[Usuaria:Pazdelape|Pazdelape]]; [[Usuaria:Lles|Lles]].---[[Usuario:Maria zaos|Maria zaos]] ([[Conversa usuario:Maria zaos|conversa]]) 10 de maio de 2019 ás 06:29 (UTC)
:Estupenda nova, e moitas grazas polo teu esforzo [[Usuario:Maria zaos|Maria zaos]] xa que é moi importante axudar á xente que comeza a dar os seus primeiros pasos neste proxecto, que vaian superando as pedras deste camiño collidas da man dunha usuaria con bos coñecementos sempre facilitará os seus comezos e iso tamén facilitará a súa implicación e traballo futuro. Tamén grazas a todas as participantes por querer achegarse e colaborar neste proxecto, tódalas mans son necesarias para esta tarefa :)
:Aquí tedes tamén a miña páxina de conversa por se precisades da miña axuda, ou se o precisades tedes unha páxina xeral da taberna para preguntar o que precisedes, está en [[Wikipedia:A Taberna (axuda)]]. Non teñades medo ningún, non hai dúbida pequena na Galipedia :) Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 10 de maio de 2019 ás 06:43 (UTC)