Branquia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Características: Traquea (vertebrados)
m Arranxiños
Liña 1:
[[Ficheiro:Tuna Gills in Situ 01.jpg|miniatura|Branquias dun [[atún]].]]
As '''branquias''' <ref>Outros nomes que se poden empegrar en galego para as branquias son '''galadas''', '''galas''', '''galaxas''' e '''guerlas'''.</ref> son os órganos respiratorios de numerosos [[animal|animais]] acuáticos, mediante os cales extraen o [[oxíxeno molecular|osíxeno]] (O<sub>2</sub>) disolvido na [[auga]] e transfiren a esta o [[dióxido de carbono]] (CO<sub>2</sub>).
 
Os animais acuáticos dotados de branquias captan o O<sub>2</sub> que se encontra disolvido na auga, o cal pasa aos fluídos internos ([[sangue]], [[linfa]] etc.) e é transportado aos [[tecido (bioloxía)|tecidos]], onde as [[célula]]s requíreno para a [[respiración celular]], proceso que se realiza en [[orgánulo]]s celulares denominados [[mitocondria]]s. Como resultado da respiración celular prodúcese CO<sub>2</sub>, o cal debe ser eliminado para evitar a [[intoxicación]] do medio interno.
Liña 14:
Normalmente son órganos externos, a diferenza dos [[pulmón]]s ou as [[Traquea (vertebrados)|traqueas]] dos animais de vida aérea, porque os órganos en forma de cavidade complexa non son apropiados para o movemento intensivo dun líquido como a [[auga]], de [[densidade]] moito maior que a do [[aire]], e polo rozamento implicado. O intercambio eficaz de [[gas]]es exixe un contacto sen barreiras entre as [[célula]]s epidérmicas da branquia e a auga circundante, o mesmo, por outra parte, que nos pulmóns, de forma que incluso en animais dotados de tegumentos reforzados, como a pel escamosa dos [[peixes]], as branquias están sempre polo menos cubertas de tecidos brandos e fráxiles.
 
Anatomicamente as branquias preséntanse en dúas formas. A máis común é a de apéndices ramificados de gran superficie relativa. Así é como se presentan, por exemplo, en [[moluscos]], [[anélido]]s e [[larva]]s acuáticas de [[salamandra]]s e [[tritón (anfibio)|tritóns]], ou nas larvas acuáticas de [[insecto]]s. A outra forma é a que se observa no conxunto heteroxéneo de [[vertebradovertebrados]]s acuáticos que se denomina [[peixes]]. Nestes as branquias son estruturas especializadas organizadas entre as fendeduras farínxeas, ou [[arco branquial|fendeduras branquiais]], orificios que comunican lateralmente o tubo dixestivo co exterior. A auga que entra pola boca sae polas fendeduras, oxixenando o sangue que circula por vasos que percorren os tabiques situados entre elas (que son as branquias).
 
Nas dúas modalidades anatómicas as branquias poden quedar máis ou menos protexidas dentro dunha cavidade aberta pola que se fai circular a auga. É o caso, por exemplo, dos [[moluscos]] ([[cefalópodos]], [[gasterópodos]], [[bivalvos]] etc.) onde a [[cavidade paleal]] que contén as branquias intercambia auga co ambiente só a través de condutos chamados sifóns. Tamén é o caso dos [[peixes óseos]], onde as branquias quedan protexidas externamente por unha extensión da parede corporal chamada [[Opérculo (peixes)|opérculo]]. Nos [[elasmobranquios]] (raias e [[tiburón]]s), pola contra, as fendeduras branquiais son visíbeis externamente.
Liña 23:
 
== As branquias nos invertebrados e nas larvas dos anfibios ==
Nos [[vertebradovertebrados]]s e [[insecto]]s con fases xuvenís acuáticas, como os [[anfibio]]s e as [[efémera]]s, as [[larva]]s están equipadas con branquias, aínda que os adultos respiren por órganos aéreos.
 
Os insectos acuáticos —normalmente as súas larvas— as ''[[traquea (artrópodos)|traqueas branquiais]]'' son tubos por onde circula o aire e a través das súas paredes realízanse os intercambios gasosos. Por exemplo, na larva da ''libélula'' as paredes da extremidade do [[recto]] conteñen numerosas traqueas, que funcionan como ''branquia rectal'', onde a auga é bombeada para dentro e para fora do [[tubo dixestivo]], subministrando así oxixeno ao animal.