Etiopía: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Engado texto de en:ethiopia para traducir Etiqueta: edición de código 2017 |
mSen resumo de edición Etiqueta: edición de código 2017 |
||
Liña 59:
<!--
-->
A nación é unha terra de contrastes naturais co seu vasto e fértil oeste, os seus bosques e numerosos ríos, e o sitio rexistrado máis quente do mundo en Dallol, no norte do país<ref>{{cita libro |título=Weather Experiments |apelidos1=Mandell |nome1=Muriel |apelidos2=Garbot |nome2=Dave |páxina=9 |editorial=Sterling Publishing Company, Inc. |ano=2006 |isbn=1-4027-2157-9 |lingua=en}}</ref>. O [[Macizo etíope]] é o conxunto continuo de montañas máis extenso de África e as [[Covas de Sof Omar]] conteñen a cova máis longa do continente. Etiopía é tamén o país africano, xunto con [[Marrocos]] e [[Suráfrica]], co maior número de sitios [[Patrimonio da Humanidade]] (9)<ref>{{cita web |url=http://www.deepethiopian.com/2013/05/ethiopia-most-world-heritage-sites-in.html |título=Ethiopia: Most World Heritage Sites in Africa |obra=Deep from an Ethiopian – An Ethiopian blog |dataacceso=8 de maio de 2019 |lingua=en}}</ref>. Ademais, Etiopía é membro fundador da [[Organización das Nacións Unidas]], da [[Organización para a Unidade Africana]], do [[Movemento de Países Non Aliñados|Movemento de Países non Aliñados]] , do [[G24|Grupo dos 24]] e do [[G77|Grupo dos 77]]. Ademais a capital, Addis Abeba, é a sede da [[Unión Africana]], da [[Comisión Económica para África]] das Nacións Unidas, da Forza Africana de Intervención Rápida, da Cámara Panafricana de Comercio e Industria, e de moitas [[Organización non gobernamental|ONG]]s que traballan en África. Desde [[1961]], cando comezou a [[guerra de independencia de Eritrea]], ata o ano [[2008]], Etiopía sufriu varios conflitos armados con países limítrofes, tivo que sufocar insurreccións nalgunhas rexións e mesmo aturar unha [[Guerra civil etíope|guerra civil]]. Esta situación de estado de guerra continuo obstaculizou o progreso da súa economía, porén, durante os últimos anos o país foise recuperando e hoxe é a maior economía<ref>{{cita web |url=http://statisticstimes.com/economy/african-countries-by-gdp.php |título=List of African countries by GDP |obra=Statistics Times |dataacceso=8 de maio de 2019 |lingua=en}}</ref> e o país máis populoso de [[África oriental|África Oriental]].
|