Hórreo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
m →‎Denominación: inexatitude na distribución xeográfica do nome
Liña 16:
 
== Denominación ==
O uso do hórreo esténdese por toda Galicia, coa excepción dalgunhas zonas do sueste. A mesma tipoloxía esténdese tamén polo extremo occidental de [[Asturias]], onde é chamado ''cabazo'', e polo norte de [[Portugal]], ata a beira esquerda do [[río Douro]], onde é chamado ''espigueiro'', ''canastro'' ou ''caniço''. En Galicia recibe diferentes nomes segundo a zona: ''hórreo'' ou ''hórrio'' no centro-norte, ''cabazo'' no noroeste da [[Provincia da Coruña|Coruña]], ''cabozo'' no norte de [[Provincia de Lugo|Lugo]], ''canastro'' na zona sur, máis raramente ''canasto'', ''cabaceiro'' entre o centro e o nordeste de [[Provincia de Ourense|Ourense]], igual na mesma dirección en Lugo, pero mesturado con formas máis pechadas (''cabeceiro'', ''cabeceira'', ''cabaceira''), ''canizo'' entre a [[ría de Vigo]] e o [[río Miño]], ''piorno'' no [[Salnés]], ''cabana'' máis no interior, ''paneira'' na [[península do Morrazo]] (canastro, na zona sur), ''orno'' ou ''órneo'' no cabo do Morrazo, ''hórreo'' ou ''horro'' os de tipo asturiano no leste de Lugo; e outros apelativos de extensión menor.<ref>Bas López, B. ''Os nomes galegos dos hórreos e dos seus elementos''. Verba, Anuario galego de filoloxía, nº 7, 1980. Universidade de Santiago de Compostela. ISSN 0210377X.</ref>
 
* '''Hórreo'''. A explicación máis aceptada da orixe do termo hórreo e as súas variantes (hórrio, orno e órneo) remite ao [[Latín|latino]] ''horreum'' (do [[lingua grega|grego]] ὡρεῖον, σιτοφυλακεῖον, ἀποθήκη 'celeiro'), que designaba en orixe un [[edificio]] no que se gardaban [[froito]]s do campo, especialmente o gran.<ref>Kaltschmidt, J.H. ''A school dictionary of the Latin language''. William and Robert Chambers, 1850.</ref> Durante o [[Imperio Romano|Imperio]] a palabra ''horreum'' empregábase para calquera lugar destinado a conservar cousas de calquera natureza, sexa [[viño]] (''horrea vinearia''), mercancías e provisións (''horreum penarium'').<ref>Schmitz, L. ''Horreum''. Artigo en Smith, W. ''A Dictionary of Greek and Roman Antiquities''. John Murray. Londres, 1875.</ref> Outros autores fan derivar o actual ''hórreo'' dun ''órreo'' prerromano presente na toponimia e na hidronimia, e que tería xa o significado de silo para o gran.<ref name="rq"/>