Real Club Celta de Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Liña 55:
En [[1924]]-[[1925|25]] volven os celtiñas gañar o Campionato Galego e,<ref>{{cita web|autor=Schoua, Guillermo Julián|editor=Historia de Boca Juniors|url=http://www.historiadeboca.com.ar/partido.asp?tfAnioPartido=1925&tfTipoTorneo=2925&tfPartido=0&CodigoPartido=4967|título=Real Club Celta de Vigo 1 - Boca Juniors 3|lingua=castelán|dataacceso=[[16 de marzo]] de [[2013]]}}</ref><ref>{{cita web|autor=Schoua, Guillermo Julián|editor=Historia de Boca Juniors|url=http://www.historiadeboca.com.ar/partido.php?tfAnioPartido=1925&tfTipoTorneo=2925&CodigoPartido=4958&tfPartido=2|título=Real Club Celta de Vigo 3 - Boca Juniors 1|lingua=castelán|dataacceso=[[16 de marzo]] de [[2013]]}}</ref> nesa mesma tempada, ten lugar no [[campo de Coia]] unha nova contenda internacional. Nesta ocasión sería ante [[Boca Juniors]] [[Buenos Aires|bonaerense]] nos dous encontros de inauguración da xira europea do equipo arxentino. O Celta aliñou para o encontro a [[Emilio Ruíz|Ruíz]], [[Juanito Clemente|Juanito]], Rey, Cancela, [[Balbino Clemente|Balbino]], [[Pepe Hermida]], [[Luciano Reigosa|Reigosa]], Ángel Hermida, [[Chicha]], [[Ramón Polo|Polo]] e [[Santiago Casal Cao|Casal]]; mentres que os rivais saltarían ó campo con [[Américo Tesorieri|Tesorieri]], [[Ludovico Bidoglio|Bidoglio]], [[Ramón Muttis|Muttis]], [[Ángel Segundo Médici|Médici]], [[Luis Vaccaro|Vaccaro]], [[Alfredo Elli|Elli]], [[Domingo Tarasconi|Tarasconi]], [[Antonio Cerrotti|Cerrotti]], [[Alfredo Garasini|Garasini]], [[Manuel Seoane|Seoane]] e [[Cesáreo Onzari|Onzari]]. O primeiro encontro, que reuniu 25.000 espectadores, disputouse o [[5 de marzo]] de [[1925]] e rematou con vitoria arxentina por 3-1, con goles de Cerrotti (2) e Onzari por parte de Boca e de Polo por parte do Celta. O segundo encontro sería tres días despois conseguindo esta vez o Celta golear ó [[Boca Juniors]] por 3-1, con goles de Juanito (2, de penalti) e Reigosa por parte dos vigueses e Garasini por parte dos arxentinos. Esta foi unha das tres únicas derrotas entre os dezanove encontros que disputou Boca nesta xira, xunto as que sufriu ante a [[Real Unión de Irún]] e o [[Athletic de Bilbao]].
 
O Celta completaría este bo papel internacional o [[2 de agosto]] de [[1925]],<ref>{{cita web|autor=Nacional Digital|url=http://www.nacionaldigital.com/historia/Hechos/girap36.htm|título=Nacional 2 - Celta 2|lingua=castelán|dataacceso=[[16 de marzo]] de [[2013]]|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120730003030/http://www.nacionaldigital.com/historia/Hechos/girap36.htm|dataarquivo=30 de xullo de 2012|urlmorta=si}}</ref><ref>{{cita novas|autor=Bronca, A.|xornal=[[Mundo Deportivo]]|título=El Nacional y el Celta empataron ayer a 2 goals|url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1925/08/09/pagina-3/1380641/pdf.html|data=[[3 de agosto]] de [[1925]]|dataacceso=[[16 de marzo]] de [[2013]]|lingua=castelán}}</ref> ó empatar a dous goles co [[Club Nacional de Football]] de [[Uruguai]], na xira que tamén realizou o equipo suramericano a raíz do éxito e gran popularidade alcanzada pola [[Selección de fútbol de Uruguai]] co triunfo nos [[Xogos Olímpicos de 1924]]. Precisamente un dos tantos do equipo uruguaio foi do dúas veces campión olímpico e natural de [[Redondela]] [[José Pedro Cea]].
 
En [[1927]]-[[1928|28]] o Celta conquista novamente o título de campión da súa división, que abranguía as zonas de [[Galicia]], [[Asturias]] e [[Castela|Norte de Castela]]. Seguidamente emprende unha xira onde loitou con varios equipos arxentinos e uruguaios. Nese mesmo ano, o [[30 de decembro]], inaugúrase o novo estadio de [[Estadio Municipal de Balaídos|Balaídos]], cun encontro amigábel ante a [[Real Unión de Irún]], un dos grandes do fútbol español da época. Porén, caeron fronte aos vigueses nunha inspirada tarde celeste, por sete goles a nada.