Cromosoma 5: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Vertebrados
Liña 1:
[[Ficheiro:Chromosome 5.svg|125px|dereita]]
O '''cromosoma 5''' humano é un [[cromosoma]] pertencente a un dos 23 pares de cromosomas humanos. Igual ca os demais cromosomas (agás o X e Y nos homes), as células [[haploide]]s teñen un só cromosoma 5, e as [[diploide]]s teñen dous (un par). Pola posición do seu [[centrómero]] considérase un cromosoma [[centrómero#Posición do centrómero|submetacéntrico]]. O cromosoma 5 contén uns 181 millóns de [[par de bases|pares de bases]], e representa o 6% do total do [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] da célula. O cromosoma 5 é un dos cromosomas humanos máis longos, pero é un dos que ten unha densidade de [[xene]]s menor. Isto pode explicarse en parte polas numerosas rexións pobres en xenes que presentan un alto grao de [[ADN non codificante]] e conservación [[sintenia|sinténica]] con [[vertebradovertebrados]]s non mamíferos, o que suxire que están funcionalmente restrinxidos.<ref>http://genome.jgi-psf.org/chr5/chr5.home.html</ref>
 
A determinación dos xenes dun cromosoma depende do método utilizado, polo que as estimacións varían segundo o método utilizado. Pénsase que o cromosoma 5 probablemente contén entre 900 e 1.300 xenes.