Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 109:
== Lisocima > Lisozima==
Habería que plantearse se hai que cambiar o nome da páxina '''[[lisocima]]''' por lisozima. Esa páxina fíxena eu no seu momento e daquela favorecíanse as formas con c. Actualmente hai referencias para lisozima, pero non para lisocima, polo que creo que non estaría mal cambiala. Isto é diferente da palabra encima da que si hai referencias (xunto con enzima que tamén se admite). Encima foi o termo recomendado e único que figurou nos dicionarios durante moitos anos, e que segue figurando hoxe e que seguen usando hoxe nas definicións doutras palabras se ten que aparecer a palabra encima. Máis tarde admitiron tamén enzima. Isto crea certa confusión en palabras derivadas como coenzima, isozima, proenzima, abzima, ribozima, pseudoenzima, enzimático..., que poderían poñerse con c (forma tradicional) ou con z (forma nova). Estas palabras son menos usadas (seguen confinadas na lingua técnica) mentres que enzima/encima é unha palabra que xa pasou practicamente á lingua común (encimas dixestivos). Tal vez por iso, as formas máis técnicas están referenciadas con z e non con c. Ou terán que aclararse e ser coherentes dunha vez por todas. O mesmo que digo para lisocima habería que pensalo tamén para '''[[ribocima]]'''.--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 8 de maio de 2019 ás 15:57 (UTC)
:Movín os artigos segundo as referencias. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 9 de maio de 2019 ás 00:13 (UTC)