Diferenzas entre revisións de «Sarcómero»

m
 
 
==Estrutura comparativa do sarcómero==
A estrutura do sarcómero afecta á súa función de diversos xeitos. O solapamento da actina e a miosina dá lugar á curva lonxitude-tensión da contracción, que mostra como a forza do sarcómero decrece se o músculo se estira (para que se poidan formar poucas pontes cruzadas) ou se comprime (ata que os filamentos de actina interfiren uns con outros). A lonxitude dos filamentos de actina e miosina (medidos en conxunto como a lonxitude do sarcómero) afecta á forza e velocidade da contracción, e os sarcómeros máis longos forman máis pontes cruzadas e deste modo teñen máis forza, pero teñen un rango reducido de acurtamento. Os [[vertebradovertebrados]]s presentan un rango moi limitado de lonxitudes do sarcómero, que teñen aproximadamente a mesma lonxitude óptima (lonxitude no pico lonxitude-tensión) en todos os músculos dun individuo e entre distintas especies. Os [[artrópodoartrópodos]]s, porén, presentan enormes variacións (ata de sete veces) na lonxitude dos sarcómeros, tanto entre distintas especies coma entre músculos dun mesmo individuo. A razón desta falta de variabilidade na lonxitude dos sarcómeros dos vertebrados non se coñece ben.
 
==Notas==
103.276

edicións