Sebastián González García-Paz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Corrixo ligazón para que apunte ó castro
Liña 40:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Recepción de Castelao na Real Academia Galega, A Coruña, 25 de xullo de 1934.jpg|miniatura|300px|De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, [[Eladio Rodríguez González]], [[Enrique Peinador]], [[Gonzalo López Abente]], Pura González Varela (muller de Lugrís), [[Celia Brañas y Fernández Miranda|Celia Brañas Fernández]], [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]], [[David Fernández Diéguez]], [[Ángel del Castillo]] e [[Fernando Cortés Bugía]]. Sentados [[Fernando Martínez Morás]], [[Castelao]], [[Manuel Lugrís Freire]], [[Antón Villar Ponte]] e [[Félix Estrada Catoyra]].<ref>Recepción de Castelao na [[Real Academia Galega]] na [[A Coruña|Coruña]] o [[25 de xullo]] de [[1934]].</ref>]]
Fillo de [[Bernardino González Paz]]. Estudou o bacharelato no [[IES Sánchez Cantón|Instituto de Pontevedra]] e Filosofía e Letras na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Fixo o doutoramento en Filosofía e Letras en Madrid (1930), coa tese ''El colegio de San Clemente de Pasantes de Compostela''. Regresou a Compostela e obtivo a praza de auxiliar da Sección de Arte e tivo ao seu cargo as cátedras de Arqueoloxía e Historia da Arte. En 1931 conseguiu unha bolsa para ampliar os estudos de prehistoria e estivo en Francia e Alemaña. Colaborou co [[Seminario de Estudos Galegos]], do que foi membro do Consello Director e para o que logrou uns locais no edificio de Fonseca, onde se instalaron a biblioteca e o museo de etnografía. participou xunto a [[Florentino López Cuevillas]] no proxecto de catalogación dos castros galegos e escavou, entre outros, os castros de [[Domaio,Castro Moañade Montealegre|Montealegre (Domaio)]], [[Castro de Santa Trega|Santa Trega]], [[Taboexa, As Neves|Taboexa]] e [[Castro de San Cibrao de Las|San Cibrao de Las]]. Formou parte das [[Irmandades da Fala]] e asistiu á asemblea que se organizou na Coruña; máis tarde ingresou no [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]]. Foi membro correspondente da [[Real Academia Galega]].<ref>[http://www.realacademiagalega.org/plenario?p_p_id=ManageChairs_WAR_ragportal&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ManageChairs_WAR_ragportal_action=listNoAcademic&_ManageChairs_WAR_ragportal_selLetter=G Membros da Academia]</ref>
 
Trala [[Guerra Civil española|Guerra Civil]], e como consecuencia da súa pertenza ás Irmandades da Fala e ao Partido Galeguista, exiliouse en [[Puerto Rico]], onde foi decano da [[Universidade de Puerto Rico]], posto desde o que fomentou a fundación do Coro Universitario, do Museo da Universidade, do Seminario de Estudios de Puerto Rico e dun centro de Escavacións Arqueolóxicas. Polo seu traballo, o claustro nomeouno decano de estudos, reitor interino e senador vitalicio.