Isaac Peral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Nicole (conversa | contribucións)
Liña 9:
No [[1883]] fíxose cargo da cátedra de Física-Matemática da Escola de Ampliación de Estudos da armada española. No 1885, trala denominada crise das Carolinas, na que [[Alemaña]] intentou arrebatar este arquipélago a España, Isaac Peral considerouse na obriga de comunicar aos seus superiores que tiña resolto definitivamente o reto da navegación submarina. Tras un rigoroso análise do seu proxecto, por parte dos máis cualificados científicos da mencionada Escola de Ampliación, estes deron a súa aprobación para que fose trasladado ó ministro da Mariña, Almirante Pezuela, quen recibiu o proxecto con caloroso entusiasmo. Mais os sucesivos ministros que lle sucederon, amosaron indiferenza ou aberta hostilidade (Almirantes Ródriguez de Arias e Beránger).
 
Malia todo e grazas ó apoio da Raíña Rexenta [[María Cristina de Habsburgo-Lorena|María Cristina]], o submarino foi finalmente botado o [[8 de setembro]] do [[1888]]. O buque medía 22 metros de eslora, 2,76 de puntal, 2,87 de manga e desprazaba 77 toneladas na superficie e 85 en inmersión. A propulsión obtíñase de dous motores eléctricos de 30 cabalos cada un, a enerxía subministrábaa unha batería de 613 elementos. Incorporaba ademais un tubo lanzatorpedos, tres [[torpedoTorpedo (arma)|torpedos]], [[periscopio]], un sofisticado "aparato de profundidades", que lle permitía ó submarino navegar en inmersión á cota de profundidade desexada polo seu comandante e manter o trimado do buque en calquera intre, incluso tralo lanzamento dos torpedos. Incluía tamén tódolos mecanismos precisos para navegar en inmersión cara ao rumbo prefixado.
[[Ficheiro:Peral1888.jpg|miniatura|Submarino de Peral no [[1888]].]]
As probas oficiais desenvolvéronse ao longo de [[1889]] e [[1890]]. Convén dicir que non se lle concedeu permiso para efectuar a proba clave, que solicitara o propio inventor: atravesar somerxido o estreito de [[Xibraltar]], dende [[Alxeciras]] até [[Ceuta]]. Malia o cal, amosou nas probas que se verificaron, que podía navegar en inmersión á vontade do seu comandante, co destino, rumbo e cota prefixados e en mar aberto. Ademais, amosou que podía atacar, sen ser visto, a calquera buque de superficie. A Comisión Técnica nomeada ó efecto, avalou o éxito das probas do primeiro submarino da historia. Porén, escuros intereses nunca aclarados, motivaron que as autoridades do momento desbotasen o invento e alentasen unha campaña de desprestixio contra a persoa do inventor, quen tivo que solicitar a baixa na Mariña e tentar aclarar á opinión pública a verdade de ocorrido.