Célula de Schwann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
m →‎Descrición: vertebrados
Liña 7:
[[Ficheiro:Cultured schwann cell.jpg|miniatura|esquerda|alt=Schwann cell.|Célula de Schwann en cultivo.]]
As células de Schwann son un tipo de [[célula da glía|células gliais]] que manteñen vivas as fibras nerviosas periféricas (tanto mielínicas coma amielínicas). Nos [[axón]]s mielinizados, as células de Schwann forman a [[vaíña de mielina]]. Esta vaíña non é continua. Unha célula de Schwann mielinizante pode cubrir uns 100 [[micrómetro]]s dun axón, os cales poden ter un metro ou máis de lonxitude. Isto supón unhas 10.000 células de Schwann por cada metro de axón, dispostas como unha ringleira de [[salchicha]]s. O espazo que hai entre unha célula de Schwann e a seguinte denomínase [[nodo de Ranvier]].
O funcionamento do [[sistema nervioso]] dos [[vertebradovertebrados]]s depende da vaíña de mielina para asegurar o illamento eléctrico e diminuír a [[capacitancia]] da membrana do axón. O [[potencial de acción]] salta dun nodo de Ranvier a outro, nun modo de propagación chamado [[condución saltatoria]], o cal pode incrementar a velocidade de condución ata dez veces, sen que se teña que aumentar o diámetro do axón. Neste senso, as células de Schwann fan no sistema nervioso periférico unha función análoga á que fan os [[oligodendrocito]]s no [[sistema nervioso central]]. Porén, a diferenza dos oligodendrocitos, cada célula de Schwann mielinizante illa electricamente un só axón. Esta disposición das células permite a condución saltatoria dos potenciais de acción polos [[nodo de Ranvier|nodos de Ranvier]]. Deste modo, a mielinización incementa enormemente a velocidade de condución e aforra enerxía.<ref>Kalat, James W. Biological Psychology, 9th ed. USA: Thompson Learning, 2007.</ref>
 
Existen tamén células de Schwann non mielinizantes, que están implicaas no mantemento dos axóns e son básicas para a supervivencia neuronal. Algunhas agrúpanse arredor de pequenos axóns ([http://pcwww.liv.ac.uk/~rbj/RBJ/rbjteaching/Schwann%20Cells.htm Ver imaxe externa]) e forman [[feixes de Remak]].<ref>[http://focus.hms.harvard.edu/2003/Oct24_2003/neurology.html "Medical Student Named Rhodes Scholar"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20080724201156/http://focus.hms.harvard.edu/2003/Oct24_2003/neurology.html |date=24 de xullo de 2008 }} - FOCUS - News from Harvard Medical, Dental and Public Health Schools - Copyright © 2010 President and Fellows of Harvard College.</ref>