Diferenzas entre revisións de «Cantiga de refrán»

engadidas máis ligazóns internas
(Engadidas ligazóns internas)
(engadidas máis ligazóns internas)
</poem>
 
Repertorios: [[Giuseppe Tavani|Tavani]] 25, 36; D’Heur 504
 
Métrica: Consta de tres estrofas ''singulars'' de catro hexasílabos agudos, metro realmente atípico no xénero de amor.
</poem>
 
Repertorios: Tavani 25,11; [[Dinís de Portugal|Don Denis]] 600
 
Métrica: Esquema métrico 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:327)
 
Artificios:
*A [[Conxunción (gramática)|conxunción]] ''que'' alterna a función consecutiva (I, III) coa completiva (II); mesmo na estrofa III ''que'' forma parte da locución conxuntiva ''en guisa que''.
*As posibilidades para compensar metricamente o verso son varias, en especial é de considerar tamén a variante ''[o]cajon'', opción de [[José Joaquim Nunes|Nunes]] e Cohen.
 
Rítmica: O refrán da cantiga presenta un notábel [[hipérbato]]; isto é: ''que non ei poder de vos ben fazer, pero m’eu quisesse''.
 
===[[Cantiga de escarnio e maldizer]]===
*Encontros vocálicos: 4-5 moste·a‿e; 5 ũ·a‿aldeia; 7 u͂͜u; 8 u͂͜u; 11 ũ·a‿aldeia; 17 ũ·a‿aldeia
*Mantemos a copulativa inicial do primeiro verso do refrán da estrofa I, que xa desaparece nos seguintes, porque a episinalefa (mostea‿/‿e) permite absorber a sílaba métrica excedente.
*A presenza da forma apocopada ''gran'' fóra do uso proclítico antenominal é absolutamente anómala e non volve rexistrarse no corpus das cantigas nin conseguimos documentala noutro texto antigo máis do que nas afonsinas ''[[Cantigas de Santa María]]''.
 
==Tipos de refrán==
===Refrán exocéntrico===
Nas ''Cantigas de Santa María'', por exemplo, pódese apreciar con regularidade o refrán mais, a diferenza da poesía profana, posúe unha independencia musical moi grande. Por ende, son incontábeis as ocasións en que o retrouso rompe a [[sintaxe]]. Pola contra, isto non sucede nas cantigas profanas, onde o refrán pode ser independente desde o punto de vista do contido (refrán exocéntrico) pero non da sintaxe.
===Refrán intercalar===
Cando a totalidade ou parte dos versos que compoñen o retrouso están dentro do corpo da cobra, ou noutras palabras, o refrán non pecha a cobra, estamos perante un refrán intercalar. As variantes que ofrece son múltiples: desde un monóstico (25,9) ou un dístico (25,58) situado no interior da estrofa, até unha disposición propiamente "intercalada" no corpo da cobra (por exemplo, co esquema moi frecuente de ''aaaBB'', onde B representa os versos do refrán). Consérvanse 59 cantigas con este tipo de refrán na lírica profana galego-portuguesa. Atopamos, ademais, unha certa tendencia a combinar esta última estrutura ''intercalar'' co fenómeno da ''repetición literal'' (17,2; 116,11), o que a conecta tamén co xénero, determinado pola forma, da [[bailada]].
===Refrán inicial===
Os versos correspondentes ao retrouso da cantiga aparecen ao comezo da composición, facendo en algunhas ocasións de exordio. Consérvanse 13 cantigas con ''refrán inicial''.
 
==Corpus==
O número de Cantigascantigas de refrán pódese estabelecer ao redor de novecentas sesenta, aínda que non resulta doado determinar a cifra exacta por dúas razóns. En primeiro lugar, existen certas composicións incompletas nas que o fragmento conservado coincide cunha soa estrofa, o que dificulta estabelecer se son de [[Cantiga de mestría|mestría]] ou de refrán. Como exemplo cabe citar as cantigas: 7,2; 7,9; 7,11; 7,12 e 7,13, de [[Afonso Mendez de Besteiros]]. Sobre cada unha das cales [[Carolina Michaëlis de Vasconcelos|Carolina Michaëlis]] (1904) ( CA 439-443) escribe en nota: "Fragmento de uma cantiga de meestria", pero que polos esquemas métricos e polo contido do verso ou versos finais poderían ser de refrán. Por outra banda, a noción de refrán produce moitas indecisións entre os estudosos á hora de considerar aqueles retrousos dun só verso que non posúen unha coincidencia literal perfecta.
 
Existe a conservación de Cantigascantigas de refrán dentro das antoloxías do [[Cancioneiro da Ajuda]] (CA), gardado na Biblioteca do Palácio da Ajuda (Lisboa). No [[Cancioneiro da Biblioteca Nacional]] (CBN), coñecido tamén como Cancioneiro Colocci-Brancuti, conservaseconservado na Biblioteca Nacional de Lisboa e o [[Cancioneiro da Biblioteca Vaticana|Cancioneiro da Vaticana]] (CV) que é preservado en Italia.
 
Tamén cabe nomear o [[Pergamiño Vindel]] (PV)- que—que contén as sete cantigas de amigo compostas por [[Martín Codax-]]—, o [[Cancioneiro de Berkeley]], a Tavola Colocciana e os Cinco Lais de Bretaña.
 
==Véxase tamén==
11.073

edicións