Ambistomátidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
}}
 
Os '''ambistomátidos''' ('''Ambystomatidae''') son un [[clado]] con categoría de [[familia (bioloxía)1familia|familia]] de [[anfibios]] [[urodelos]] compuesto por 37 [[especie]]s [[endémica]]s de [[México]] e [[Estados Unidos]]. O grupo estivo un tempo formado só polo xénero ''[[Ambystoma]]'', despois de ter incluído tamén anteriormente os xéneros ''[[Dicamptodon]]'' e ''[[Rhyacotriton]]'', os cales pasaron despois a formar familias monotípicas. Porén, Frost ''et al'' (2006) volveu a situar ''Dicamptodon'' en Ambystomatidae, e este cambio foi seguidamente aceptado polo Centro de Herpetoloxía de Norteamérica.<ref>Frost, D. R. ''et al.'' (2006). [http://digitallibrary.amnh.org/dspace/bitstream/2246/5781/1/B297.pdf The Amphibian Tree of Life]. ''Bulletin of the American Museum of Natural History'' 297: 1–291.</ref> Actualmente, hai unha controversia sobre esta recolocación.<ref name=Dubois2012>Dubois, A. and Raffaëlli, J. (2012): A new ergotaxonomy of the order Urodela Duméril, 1805 (Amphibia, Batrachia). Alytes 28 (3-4): 77-161.</ref>
 
En canto a ''Rhyacosiredon'', este fora previamente considerado un xénero separado dentro da familia Ambystomatidae. Porén, a análise [[cladística]] deste grupo de píntegas atopou que este xénero facía ''Ambystoma'' [[parafilético]]. A morfoloxía de tipo ''stream'' destas píntegas (que inclúe as larvas e os neotenes con branquias curtas e pregamentos gulares grosos) puido levar a unha clasificación incorrecta como un xénero diferente.