Margaret Thatcher: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Aivin (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 81:
Axiña, Margaret foi promovida á parte visible dos escanos como secretaria parlamentaria no Ministerio do Estado para Asuntos Sociais en setembro do [[1961]], retendo o posto ata que os conservadores perderon poder nas eleccións do [[1964]]. Cando Sir [[Alec Douglas-Home]] dimitiu, Thatcher votou nas eleccións polo liderado do Partido Conservador a [[Edward Heath]] en lugar de Reginald Maudling e foi premiada co cargo de portavoz conservador. Sagazmente adoptou a política de vender casas municipais aos seus inquilinos que foi desenvolvida polo seu colega James Allason.<ref>''The Hot Seat'', James Allason, Blackthorn, London 2006</ref>.
 
Thatcher foi un dos poucos membros do parlamento en apoiar a proposición de Lei de [[Leo Abse]] para descriminalizar a [[homosexualidade]], e votou a favor da proposición de Lei de [[David Stell]] para legalizar o [[aborto]]. Mostrouse en contra da [[Pena de morte|pena capital]] e votou en contra de facer os [[divorcio]]s máis fáciles e alcanzables. Labrou a súa carreira como interlocutora en conferencias en [[1966]], cun ataque duro ás políticas de elevados impostos do goberno laborista, facendo avances «non só contra o [[socialismo]], senón en contra do [[comunismo]]». Gañou a promoción no [[gabinete na sombra]] como interlocutora de combustibles en [[1967]], despois foi promovida a transportes e finalmente a educación antes das eleccións do ano [[1970]].
 
== No gabinete de Edward Heath ==