Kathryn Prescott: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino curiosidades
Liña 7:
A primeira participación en televisión de Kathryn, foi nun capítulo da serie dramática "Doctors" da cadea [[BBC]], como Amy Wilcox, pero seu verdadeiro recoñecemento chegou a finais do mes de xaneiro de 2009 co rol de Emily Fitch, na serie revelación do canal E4 "Skins" durante a súa terceira temporada. Neste papel, Kathryn caracteriza a unha adolescente que está descubrindo a súa sexualidade, recoñecéndose finalmente lesbiana. Ten unha xemelga, [[Megan Prescott]], quen tamén traballou nesa serie caracterizando á xemelga idéntica de Emily chamada Katie.
Apareceu tamén na cuarta temporada que tivo o mesmo elenco da anterior temporada, incluíndo a Kathryn e súa irmá, pero non continuaron por ser política dos produtores da serie, renovar os actores cada dous anos. Volveu aparecer na sétima temporada.
 
== Vida persoal ==
{{Curiosidades}}
Kathryn estudou no Colexio de Palmers Green, St. John’s Senior School e City & Islington, con boas cualificacións e facendo o posíbel por lograr estudar Psicoloxía na Universidade. Veciña de [[Southgate, Londres|Southgate]], no límite oriental da cidade de Londres de Barnet. Nunha entrevista con NME, mencionou que a súa música favorita é o metal nos seus inicios e a electrónica, e que é unha gran fanática de The Prodigy, The Beatles e as carreiras en solitario de [[John Lennon]] e [[Paul McCartney]]. Pero tamén afirmou, que lle gustan moitos estilos musicais, así e todo admitiu, que carece do talento para tocar un instrumento, que si ten a súa xemelga Megan, quen toca a batería. Revelou que ten 14 perforacións no seu corpo, a gran maioría nas súas orellas, boca, lingua e embigo. É maior que súa xemelga por 6 segundos, asistiu á Academia de Artes e Teatro Mountview en Wood Green e no 2009, votárona como unha das mulleres máis sensuais do mundo no portal web de Afterellen.com, conseguindo o posto 26 entre o top 100. En recentes entrevistas mencionou que o seu programa favorito é [[American Dad]], que ten un furón como mascota, que admira a [[Tom Hanks]] e Sally Fields.
 
{{Control de autoridades}}