Animais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 50:
 
* '''Alimentación.''' A maioría dos animais non poden absorber comida: inxírena. Os animais evolucionaron de diversas maneiras para alimentarse. Os [[herbívoro|fitófagos]] comen plantas, os [[carnívoro]]s comen outros animais, e os [[omnívoro]]s aliméntanse tanto de plantas como de animais. Os [[detritívoros]] comen materia vexetal e animal en descomposición. Os comedores por filtración son animais acuáticos que inxiren minúsculos organismos que flotan na agua, filtrándoos. Algúns animais tamén poden establecer [[simbiose|relacións simbióticas]], nas que dúas especies viven en estreita asociación mutua. Un caso especial é o [[parasitismo]]; un [[parasito]] é un organismo que vive dentro ou sobre outro organismo, o [[hóspede]]; o parasito aliméntase do hóspede, e o dana.<ref name="miller">Miller, Kenneth (2004): ''Biología''. Prentice Hall. ISBN 0-13-115538-5.</ref>
* '''Respiración.''' Non importa se viven na agua ou en terra, todos os animais respiran; isto significa que poden tomar [[oxíxeno molecular|oxíxenoosíxeno]] e despedir [[dióxido de carbono]]. Grazas aos seus corpos moi simples e de delgadas paredes, algúns animais utilizan a difusión destas substancias a través da [[pel]]. Porén, a maioría dos animais, para poderen aumentar o seu tamaño corporal, tiveron que evolucionar para dotarse de complexos tecidos e sistemas orgánicos para a respiración.<ref name=miller />
* '''Circulación.''' Moitos animais acuáticos pequenos, como algúns vermes, utilizan só a difusión para transportar oxíxeno e moléculas de nutrientes a todas as súas células, e recoller delas os produtos de refugallo. A difusión basta porque estes animais apenas teñen un espesor de unhas poucas células. Porén, os animais máis grandes posúen algún tipo de [[sistema circulatorio]] para desprazar substancias polo interior dos seus corpos.<ref name=miller />
* '''Excreción.''' Un produto de refugallo primario das células é o [[amoníaco]], substancia velenosa que contén [[nitróxeno]]. A acumulación de amoníaco e outros produtos de refugallo poderían matar ao animal. A maioría dos animais teñen un [[excreción|sistema excretor]] que ben elimina amoníaco ou ben o transforma nunha substancia menos tóxica que se elimina do corpo. Grazas á eliminación dos refugallos [[metabolismo|metabólicos]], os sistemas excretores axudan a manter a [[homeostase]]. Os sistemas excretores varían desde células que bombean auga fóra do corpo até órganos complexos como os [[ril]]es.<ref name=miller />