Aparato circulatorio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 49:
# '''Sistema porta hipofisario''': a arteria hipofisaria superior, procedente da [[carótide interna]], remifícase nunha primeira rede de capilares situados na eminencia media. Destes capilares fórmanse as veas hipofisarias que descenden polo talo [[hipófise|hipofisario]] e orixinan unha segunda rede de capilares na [[adenohipófise]] que drenan na [[vea xugular interna]].
 
== Circulación sanguínea noutros [[vertebrado]]svertebrados ==
=== Circulación en peixes ===
[[Ficheiro:Blutkreislauf Fische-ES.svg|miniatura|Sistema circulatorio nos peixes.]]
Nos [[peixepeixes]]s, o [[corazón]] atópase en posición ventral, por baixo da [[farinxe]] e preto das branquias. A súa disposición é lineal e consta de catro cámaras (seo venoso, [[Aurícula cardiaca|aurícula]], [[ventrículo (cardíaco)|ventrículo]] e cono arterial ou aórtico) comunicadas por válvulas que impiden o retroceso do sangue.
 
A arteria branquial leva o sangue ás branquias para a súa oxigenación. Xa que logo, a circulación nestes animais é '''simple''' e '''completa'''; é dicir, só existe un circuíto e non haberá mestura de sangues.
Liña 58:
=== Circulación en anfibios ===
[[Ficheiro:Blutkreislauf Amphibien ES.svg|miniatura|Sistema circulatorio dos anfibios.]]
Nos primeiros vertebrados pulmonados ([[anfibioanfibios]]s e [[réptilréptiles]]es non crocodilianos) o [[corazón]] está en posición torácica e aparece unha circulación '''dobre''', xa que existe un circuíto menor ou pulmonar, que leva o sangue venosa ós pulmóns e trae de volta ó corazón o sangue arterial desde aqueles, e o circuíto maior ou xeral, que leva o sangue arterial ó resto do corpo e trae de volta o sangue venoso ó corazón.
 
Nestes animais o corazón ten ''tres cavidades'': dúas aurículas (dereita e esquerda) e un único ventrículo moi musculoso. A aurícula dereita recibe o sangue venoso procedente do resto do corpo, e mándaa ó ventrículo para que este a bombee ós pulmóns a través da arteria pulmonar. A aurícula esquerda recibe o sangue arterial procedente dos pulmóns, mándaa ó ventrículo e este bombéaa ó resto do corpo a través da aorta. Entre as dúas arterias existe un pequeno tubo chamado ''conduto de Botal''. As aurículas contráense de forma sucesiva, polo que a mestura de sangues no ventrículo é escasa. De todos os xeitos, a circulación dobre será '''incompleta'''.