Yokohama DeNA BayStars: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 34:
 
== Historia ==
As orixes do equipo remóntanse ao conxuto amateur da Compañía Pesqueira Taiyō, un equipo amateur afiliado coa Corporación Maruha (actualmente Maruha Nichiro). O equipo comezou a parecer nos torneos nacionais na [[década de 1930]], e obtivo recoñecemento nacional cando gañou o Festival Nacional do Deporte de 1948. Após finalizar a temporada de 1949, anunciouse unha gran expansión do campionato xaponés con novos equipos, polo que moitos xogadores do Taiyo foron recultados por equipos profesionais. O dono de Taiyo decidiu profesionalizar o seu equipo, inscribíndoo na nova [[Liga Central]] que se puxo en marcha en 1950 con sede en [[Shimonoseki]] ([[Yamaguchi]]). Na súa primeira tempada o equipo adoptou o nome de {{Nihongo|Taiyo Whales|大洋ホエールズ|Taiyō Hoeeruzu}}. Para compensar a falta de persoal, os Whales recibiron como incentivo varios xogadores veteranos dos [[Yomiuri Giants]]. Con todo, nos primeiros anos o club acabaou na parte inferior da clasificación. Durante os seus primeiros anos tratou unha posible fusión cos [[Hiroshima Carp]] debido aos problemas económicos destes últimos. Con todo, debido á forte oposición dos cidadáns de Hiroshima non se levou a cabo.
 
En 1952 decidiuse que os equipo que finalizasen cunha porcentaxe de vitorias inferior ao 30% serían obrigados a desaparecer ou a fusionarse con outros equipos. Así, os os [[Shochiku Robins]] de [[Quioto]], que caeron nesa situación, foron absorbidos polos Whales pasando o equipo a denominarse {{Nihongo|Taiyō-Shochiku Robins|大洋松竹ロビンス|Taiyō Shōchiku Robinsu}}. A reorganización do equipo foi lenta, e non se conseguiu finalizar antes do comezo da temporada de 1953. Así, ese ano o equipo tiña dúas sedes distintas, unha en Shimonoseki e outra en Quito. Por motivos xeográficos os partidos como local foron disputados en [[Osaca]], sendo as finanzas xestionadas de forma conxunta polas compañías Taiyō e Shōchiku. Finalmente, a fusión finaliza en 1954, sendo a franquía oficialmente trasladada a Osaca e co novo nome de {{Nihongo|Yō-Shō Robins|洋松ロビンス|Yō-Shō Robinsu}}. O nome resultaba da combinación de Yō por Tai''yō'' e Shō por ''Shō''chiku.
 
=== Nomes ===
Ao longo dos anos o equipo tivo diferentes nomes:<ref>{{cita web|url=http://npb.jp/bis/eng/teams/index_db.html|título=Chunichi Dragons|obra=NPB.jp}}</ref>