Coroa solar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
m Máis info con material procedente do artigos da Wikipedias en inglés en:Corona
Xosema (conversa | contribucións)
m Máis info con material procedente do artigo da Wikipedia en inglés en:Corona
Liña 16:
==Características físicas==
A coroa está moito máis quente, nun factor de 150 a 450, que a superficie do Sol: a temperatura media da [[fotosfera]] é de 5800 K, comparado cos de 1 a 3 millóns de K da coroa. A coroa é 10<sup>-12</sup> veces menos [[Densidade|densa]] que a fotosfera e produce unha millonésima de luz comparado con ela. A coroa está separada da fotosfera por unha capa estreita denominada [[cromosfera]]. O mecanismo de quencemento da coroa é aínda motivo de discusión, e entre as posibilidades están a indución polo [[campo magnético]] solar e as ondas magnetohidrodinámicas que lle chegan desde abaixo. As partes externas da coroa están sendo continuamente expulsadas debido ao fluxo magnético solar, producindo o chamado [[vento solar]].
 
[[Imaxe:Twistedflux.png|thumb|256px|Configuración do fluxo solar magnético durante o ciclo solar.]]
 
A coroa non sempre se distribúe de manera homoxénea sobre a superficie solar. Durante os períodos de calma solar está confinada maiormente ás rexións ecuatoriais, con [[Burato coroal|buratos coroais]] nas rexións polares, pero durante os períodos activos a coroa si está distribuída homoxeneamente, aínda que é máis prominente en rexións con [[Mancha solar|manchas solares]], ás que tamén están asociados os [[Bucle coroal|bucles coroais]].
Liña 68 ⟶ 70:
 
===Fulguracións===
 
[[Imaxe:Solar-filament.gif|thumb|Filamento durante unha fulguración vista no ultravioleta polo satélite [[TRACE]].]]
 
As fulguracións teñen lugar nas rexións activas e caracterízanse por un incremento súbito do fluxo radiativo emitido desde pequenas partes da coroa. Son fenómenos moi complexos e visibles en diferentes lonxitudes de onda, implicando varias zonas da atmosfera solar e diversos efectos físicos, térmicos e non térmicos, e a veces amplas reconexións das liñas do campo magnético con expulsión de material.
 
Liña 75 ⟶ 80:
| journal = The Astrophysical Journal | volume = 216| page = 108| year = 1977 | bibcode=1977ApJ...216..108P}}</ref>
 
*'''Fulguracións compactas''': cando cada un dos dous arcos dondeonde se produce o suceso mantén a súa morfoloxía, observándose un incremento da emisión sinsen cambios significativos na estrutura. A enerxía emitida é da orde de 10<sup>22</sup>-10<sup>23</sup> J.
*'''Fulguracións de longa duración''': están asociadas a erupcións con prominencias, transitorios en luz branca e fulguracións de ''dúas tiras''<ref>{{cite journal|doi = 10.1038/344842a0|last1 = Golub |first1 = L.|last2 = Herant|first2 = M.|last3 = Kalata|first3 = K.|last4 = Lovas|first4 = I.|last5 = Nystrom|first5 = G.|last6 = Pardo|first6 = F.|last7 = Spiller|first7 = E.|last8 = Wilczynski|first8 = J. | title = Sub-arcsecond observations of the solar X-ray corona | journal = Nature | volume = 344 | pages = 842–844| year = 1990|bibcode = 1990Natur.344..842G | issue=6269}}</ref>. Neste caso o bucle magnético cambia a súa configuración durante o evento. Son tan enerxéticas como para chegar aos 10<sup>25</sup> J.
 
[[Imaxe:Solar-filament.gif|thumb|Filamento durante unha fulguración vista no ultravioleta polo satélite [[TRACE]].]]
 
En canto á súa dinámica, distínguense xeralmente tres fases con diferentes duracións:
Liña 87 ⟶ 90:
 
A veces pode observarse tamén unha fase precedente á fulguración, denominada normalmente "prefulguración".
 
===Transitorios===
Ás veces, xunto ás fulguracións e ás prominencias solares, aparece "transitorios coroais", chamados tamén "execcións de masa coroal". Trátase de enormes bucles de materia coroal que viaxa cara fora do Sol a máis de un millón de quilómetros por hora e que conteñen ata dez veces a enerxía das fulguracións ou prominencias que as acompañan. Algunhas execcións poden expulsar centos de millóns de toneladas de material cara o espazo a máis de 1,5 millóns de km/hora.
 
== Notas ==