Rock and roll: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Música country
Liña 6:
| xénero = Rock 'n roll
| bgcolor = crimson
| orixe musical = [[blues]], [[Música country|country]], [[rhythm and blues]], [[R&B]], [[gospel]]
| orixe cultural = anos 40-50 en [[Nova Orleáns]], [[St. Louis, Missouri|St Louis]], [[Boston]], [[Texas]] nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]
| instrumentos = [[guitarra]], [[guitarra eléctrica]], [[baixo eléctrico]], [[batería (instrumento musical)|batería]], [[piano]]
Liña 20:
== Historia e características ==
 
As diferenzas do Rock coas músicas das que provén, ([[Música country|Country]] e [[Blues]], son máis de énfase e de actitude que puramente musicais. A finais dos corenta comezaron a aparecer fusións entre os dous estilos, "Moving all over" ([[Hank Williams]], 1947) e "Rocket 88" (Jackie Brenston, 1951) poden ser consideradas mostras iniciais de Rock, pero até que aparece a rebelión xuvenil, os topetes e o sexo entre adolescentes, a poder ser no asento traseiro dun automóbil, non se pode falar de Rock.
 
Por primeira vez os mozos non querían levar a vida dos seus pais e facían desta diferenza unha cuestión cultural. O rock canalizouna, deulle nome, serviulle de trilla sonora e moito mais que é difícil de comprender hoxe. Como ben dixo [[John Lennon]], antes de [[Elvis Presley]] non había nada. A continuidade vese tamén en que a formación clásica do rock é aquela do Blues eléctrico de Chicago da que evolucionou principalmente: Voz, dúas [[guitarra]]s, [[baixo]] e [[Batería (instrumento musical)|batería]]. Pese a tantas cousas en común non se pode falar do rock como un blues tocado por brancos, ao blues faltáballe o carácter explosivo e as gañas de vivir que transmiten desde os primeiros discos de [[Rockabilly]] até os [[Sex Pistols]].