Pene: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
→‎Denominación: Falta a máis empregada
m →‎Morfoloxía: Embrioxénese
Liña 65:
Un estudo presentado no Congreso Nacional de Androloxía celebrado en [[Alacant]] no [[2001]] realizou medicións en 572 homes entre os 22 e os 75 anos de idade, cunha idade media de 53. A lonxitude media en flaccidez foi de 8,75&nbsp;cm; en extensión máxima de 12,43; e en rixidez de 13,58. Entre os homes estudados a lonxitude mínima en erección foi de 8,2&nbsp;cm e a máxima de 19,6. A circunferencia media do pene en erección foi de 11,25&nbsp;cm, cunha mínima medida de 7&nbsp;cm e unha máxima de 17&nbsp;cm. O tamaño do pene tamén varía ao longo da vida: aumenta de tamaño dende a puberdade ata os 20 anos, e diminúe ao longo da terceira idade.<ref name="arrondo">{{cita libro| autor =ARRONDO ARRONDO, J.L.| url =http://books.google.com/books?id=clfr69BXXIkC&printsec=frontcover&dq=ARRONDO&hl=es&ei=2KVUTL2iBY2F4Qb8_sWnBQ&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=2&ved=0CCsQ6AEwAQ#v=onepage&q&f=false | título =Historia íntima del pene. La nueva sexualidad masculina.| ano =2006| publicación =Nau Llibres| id = ISBN 84-7642-810-3}} {{es}}</ref>
 
No [[Embrioxénese|desenvolvemento embrionario]], o órgano que no [[embrión]] de sexo masculino se converterá no pene é o equivalente ó que no embrión de sexo feminino se converterá no [[clítoris]]. Naqueles casos nos que se presenta algunha alteración durante tal desenvolvemento, é posible que o estado do neonato se corresponda co coñecido como [[hermafroditismo]], é dicir, que o seu pene ou o seu clítoris se atope en etapas intermedias na súa formación. Como consecuencia desta anomalía algúns individuos poden presentar, na idade adulta e independentemente do seu sexo [[hormona]]l, un pene excepcionalmente pequeno ou ben un clítoris excepcionalmente grande, alén doutras peculiaridades fisiomorfolóxicas.
 
O tamaño do pene varía moito entre as especies, mesmo entre aquelas moi relacionadas. Por exemplo, o pene erecto dun [[gorila]] adulto ten uns 4&nbsp;cm, mentres que o do [[chimpancé]], cuxo tamaño corporal é significativamente menor, mide aproximadamente o duplo. O chimpancé común (''Pan troglodytes'') ten o terceiro pene máis grande entre os grandes simios. O pene humano e máis grande có do chimpancé común, tanto en termos absolutos como proporcionalmente ao tamaño corporal.
 
Con arredor de 2 m, o pene da [[balea azul]] é o máis grande de todo o [[reino animal]], mais proporcionalmente ao seu tamaño, o [[percebe]] ten o pene máis longo: unhas vinte veces a lonxitude total do animal. Os gorilas posúen penes relativamente pequenos, aínda que o de menor tamaño entre os vertebrados pertence á [[musaraña]], cuns 5&nbsp;mm. Entre as [[aves]], só as pertencentes á superorde [[paleognathae]] ([[tinamú]]es, [[avestruz|avestruces]], [[casuario]]s etc) e á familia [[anatidae|anátidos]] ([[parrulo]]s, [[ganso]]s, [[cisne]]s etc) posúen pene e a súa estrutura é diferente á do pene dos mamíferos. O [[parrulo de lagoa arxentino]] (''Oxyura vittata'') ten o pene máis longo entre os [[vertebradovertebrados]]s proporcionalmente á masa corporal: o seu membro viril está enrolado no estado fláccido, e en estado erecto é común que mida a metade da lonxitude do seu corpo, quer dicir uns 20&nbsp;cm. Crese que tamaños tan importantes poden ter relación coa competencia existente entre estas aves promiscuas.
 
A maioría dos [[Marsupial|marsupiais]], agás as dúas [[especie]]s máis grandes de [[canguro]]s, teñen o pene bifurcado, separado en dúas columnas e rematado en dúas puntas. Os machos da orde dos [[réptil]]es [[squamata]] (que inclúe [[lagarto]]s e [[serpe]]s) caracterízanse por ter [[hemipene]]s, quer dicir, o seu [[aparato reprodutor]] consta de dous penes. O [[golfiño]] ten control prénsil sobre o seu pene e pode usalo como un apéndice sensorial co cal sonda o fondo do [[mar]].